Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 22 de abril de 1998, aprobou a contratación mediante concurso para a adquisición dun tractor con destino á zona rural. Polo presente anúnciase a licitación conforme as seguintes características:

1.-Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2.-Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a adquisición dun tractor con destino á zona rural coas características mínimas que se especifican na cláusula primeira do prego de condicións.

d) Prazo de engrega (meses): o prazo máximo será de 30 días naturais contados a partir da data de notificación da adxudicación.

3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4.-Orzamento base de licitación.

Importe total: o presente contrato financiarase a través dun leasing, o seu prazo será o ofertado polos licitadores, tendo como importe máximo a cantidade de 175.000 pesetas por 48 mensualidades.

5.-Garantías.

Provisional: 100.000 ptas.

6.-Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Teléfonos: (982) 29 71 43 e 29 71 86.

e) Telefax: (982) 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7.-Requisitos específicos do contratista.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8.-Presentación de ofertas ou das solicitudes de particiación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións técnico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: praza Maior, s/n.

3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27001.

d) Praza durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9.-Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: na primeira reunión da Xunta de Compras que se celebre posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións.

10.-Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións.

11.-Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 29 de abril de 1998.

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

Visto e prace

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

4468