Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.376

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Vitivinícola do Ribeiro Sociedade Cooperativa Limitada.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Vitivinícola do Ribeiro Sociedade Cooperativa Limitada (código nº 3200772) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial subscrito en representación da parte económica, pola empresa, e, da parte social, polos delegados de persoal, na xuntanza celebrada o día 26-2-1998, e, de conformidade co disposto no Art. 90, 2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 17 de marzo de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Capítulo I

Ámbito e vixencia

Artigo 1º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

O presente convenio:

1. Afecta a todo o persoal, tanto fixo como eventual ou interino, de Vitivinícola do Ribeiro, S.C.L. que

preste os seus servicios nos centros de traballo de Valdepereira-Ribadavia e Leiro.

2. No sucesivo, ó menciona-la empresa estarémonos referindo precisamente a Vitivinícola do Ribeiro, S.C.L.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

1. Entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, aínda que os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de setembro de 1997, con excepción do novo sistema de retribución da antigüidade, que entrará en vigor o día 1 de novembro de 1997. A súa vixencia é bianual e, por tanto, estenderase ata o 31 de agosto de 1999.

2. Entenderase prorrogado polo mesmo período de tempo, dous anos, en canto non sexa denunciado por calquera das partes cunha anticipación mínima de tres meses ó prazo de duración pactado, ou de calquera das súas prórrogas. A denuncia deberase facer mediante comunicación escrita dunha parte á outra, na que se fará consta-la representación que se ostenta e as materias obxecto de negociación.

3. No caso de non ser denunciado, tal e como se sinala no punto anterior, a revisión salarial anual farase co criterio que se establece no artigo 3º.

Artigo 3º.-Revisión.

1. Para o segundo ano de vixencia, é dicir, para o período comprendido entre o 1-9-1998 e 31-8-1999, e para as súas posibles prórrogas, a táboa de salarios será revisada á alza en función da variación que experimentase o IPC oficial que publica o Instituto Nacional de Estatística, nos últimos doce meses inmediatamente anteriores á dita revisión. En todo caso, se do dito cálculo resultase negativo o IPC, a táboa de salarios non se vería afectada polo decremento correspondente.

Capítulo II

Contratos de traballo

Artigo 4º.-Contratos de obra ou servicio.

1. Serán tarefas ou traballos con substantividade propia dentro da actividade da empresa e que se

poderán cubrir con contratos de obra ou servicio determinado, os seguintes:

a) As contratacións efectuadas en período de vendimia e no inmediatamente posterior para a elaboración do viño.

b) As contratacións efectuadas para destilación de augardente e embotellado de viño en períodos punta de producción.

Capítulo III

Clasificación profesional

Artigo 5º.-Clasificación profesional.

1. A clasificación do persoal afectado por este convenio é meramente enunciativa e non supón a obriga de ter cubertas tódalas prazas enumeradas se as necesidades da empresa non o requiren.

Artigo 6º.-Clasificación por grupos e niveis.

Grupo ÁreaFunción

BComercialXefe de vendas

AdministraciónXefe de administración

Atención ó socio

ProducciónEnólogo

Xefe de producción

CComercialInspector de vendas

AdministraciónXefe de contabilidade

ProducciónEncargado de adega

Encargado de embotellado

Encargado de almacén

Encargado de mantemento

Encargado de producción

DComercialComercial promotor

Administración Administrativo de 1ª

Producción Oficial de 1ª

EComercialAutovenda

AdministraciónAdministrativo de 2ª

ProducciónOficial de 2ª

FComercialAxudante de reparto

AdministraciónAuxiliar administrativo

ProducciónOficial de 3ª

GProducciónPeón

Persoal de limpeza

Capítulo IV

Tempo de traballo

Artigo 7º.-Xornada laboral.

1. Durante a vixencia do presente convenio establécese unha xornada laboral de 40 horas semanais de media en cómputo anual, de tal xeito que, respectando esta xornada anual, a empresa poderá acorda-la súa distribución irregular.

2. Cando a empresa determine a distribución irregular, que en ningún caso afectará ó período de vendima, a xornada poderá exceder de 9 horas, aínda que sempre respectando o descanso entre xornadas, e un máximo de dúas horas diarias. O exceso de horas traballadas compensarase con descanso en igual número de horas nos períodos de menor producción que determine a empresa, aínda que, en ningún caso, con vacacións.

A distribución irregular será de obrigado cumprimento para tódolos traballadores.

3. A empresa comunicará mediante anuncio no taboleiro, e cunha anticipación mínima de sete días, a xornada irregular, tendo en conta que o número máximo de horas que poderá afectar durante o ano será de 150 horas por cada traballador.

Se, transcorrido o exercicio económico, non se precisaron as 150 horas previstas, estas non se acumularán en ningún caso ás correspondentes ó exercicio seguinte.

4. Non será de aplicación a xornada irregular de traballo aquí pactada en períodos de vendima, sen prexuízo de que se durante ela se traballasen máis horas das normais, estas pagaranse como horas extra, non sendo compensables con descansos ou vacacións.

Artigo 8º.-Vacacións.

1. As vacacións terán unha duración de vintedous días hábiles para tódolos grupos.

2. A empresa poderá distribuí-lo total dos días anuais, para efectos de desfrute, do xeito seguinte:

a) A metade, ininterrompidos para desfrutar preferentemente no verán (xuño, xullo, agosto)

b) O resto dos días para desfrutar de acordo entre o traballador e a empresa, atendendo preferentemente ás necesidades do traballo determinadas pola empresa.

3. Independentemente do exposto nos parágrafos anteriores, a empresa poderá dá-las vacacións a todo ou a parte do persoal en dúas quendas, sendo a primeira no verán e a outra o resto do ano.

4. A empresa comunicará no taboleiro de anuncios, con polo menos dous meses de anticipación, o período de vacacións que corresponde a cada traballador.

Artigo 9º.-Permisos e licencias.

1. A empresa concederá permiso retribuído ós traballadores que, logo de xustificación, o soliciten nos casos seguintes:

a) Por casamento: 15 días naturais.

b) Por parte da esposa: 2 días naturais.

c) Por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días naturais.

d) En caso de asistencia ó médico: o tempo necesario con xustificación e 2 horas como máximo.

En caso de ser especialistas da Seguridade Social, o tempo máximo concedido será de 4 horas.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 10º.-Táboa salarial.

1. Establécese unha táboa de percepcións económicas que será, para cada traballador, a que lle corresponda ó seu grupo conforme a súa función e que está relacionada no anexo I deste convenio.

Artigo 11º.-Antigüidade.

1. Os traballadores da empresa desfrutarán como complemento persoal de antigüidade dun aumento periódico, por cada 5 anos de servicios prestados ininterrompidamente, do 8% do salario base do seu grupo, por cada un deses períodos.

2. O dito complemento de antigüidade será, así mesmo, de aplicación na percepción das pagas extraordinarias e nas vacacións.

3. A contía máxima polo complemento persoal de antigüidade será do 40% do salario base do grupo segundo a súa función.

4. Para o cómputo dos quinquenios, que neste convenio nos servirán de base para o cálculo do complemento persoal de antigüidade, considerarase a data de ingreso na empresa, incluíndo o período efectuado de proba e excluíndo os períodos de contratación temporal.

Artigo 12º.-Adaptación da antigüidade.

1. Afecta este artigo a todo o persoal fixo que no momento de entrada en vigor do presente convenio perciba complemento persoal por antigüidade, sen alcanza-lo 60% do seu salario base.

2. Quedan pois, expresamente excluídos deste artigo, aqueles traballadores que perciban na entrada en vigor deste convenio o complemento por antigüidade do 60%.

3. Os traballadores que reúnan os requisitos fixados no apartado 1 deste artigo percibirán invididualmente e en compensación pola aplicación do novo sistema de antigüidade que se recolle no artigo anterior deste convenio, as cantidades que resulten de acordo co seguinte criterio:

a) Os traballadores que conten ou cheguen a contar cunha antigüidade na empresa maior de 5 anos percibirán un 2% do salario base que figure na súa nómina, incrementando así a súa percepción en concepto de antigüidade.

Os traballadores que conten ou cheguen a contar unha antigüidade na empresa maior de 10 anos percibirán un 2,5% do salario base que figure na súa nómina, incrementando así a súa percepción en concepto de antigüidade.

Os traballadores que conten ou cheguen a contar cunha antigüidade na empresa maior de 15 anos percibirán un 3% do salario base que figure na súa nómina, incrementando así a súa percepción en concepto de antigüidade.

Os traballadores que conten ou cheguen a contar cunha antigüidade na empresa maior de 20 anos percibirán un 3,5% do salario base que figure na súa nómina, incrementando así a súa percepción en concepto de antigüidade.

Os traballadores que conten ou cheguen a contar cunha antigüidade na empresa maior de 25 anos percibirán un 4% do salario base que figure na súa nómina, incrementando así a súa percepción en concepto de antigüidade e ata a súa xubilación.

b) En todo caso as porcentaxes descritas no punto a) non son acumulativas senón que cada cinco anos se incrementarán e desde o 2% nun 0,50%, sendo o máximo a percibir o 4% segundo as condicións antes explicitadas, sendo así que a aplicación da porcentaxe superior exclúe os anteriores.

4. Pola súa vez, os traballadores que reúnan os requisitos recollidos no apartado 1 deste artigo terán consolidada a antigüidade que perciban á entrada en vigor deste convenio e os anos transcorridos para alcanza-la seguinte porcentaxe segundo o criterio anterior regulado na ordenanza laboral do 11 de xullo de 1971, computarán para alcanza-lo quinquenio do 8% seguinte ou o límite máximo do 40% se for o caso.

5. Ós traballadores que perciban á entrada en vigor deste convenio en concepto de antigüidade máis do 40% e menos do 60% do seu salario base, quedaralles conxelada a dita antigüidade, sen prexuízo dos beneficios pactados no apartado 3º deste artigo.

Artigo 13º.-Horas extraordinarias.

1. Independentemente do exposto no artigo 7º deste convenio sobre distribución irregular da xornada de traballo, poderanse realizar horas extraordinarias en período de vendima e aqueloutras motivadas por causas de forza maior e estructurais, entendéndose estas últimas como as necesarias en períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de carácter estructural derivados da natureza do traballo de que se trate ou para conservación e mantemento e limpeza das instalacións.

2. A realización das horas extraordinarias de vendimia e as estructurais estará limitada no seu número polos límites máximos legais.

3. O valor da hora extraordinaria normal será o equivalente de aplicarlle á hora extraordinaria diaria un incremento do 75%.

4. O valor da hora extraordinaria nocturna, que é aquila que se realiza entre as 22 horas e as 6 horas, será o equivalente de aplicarlle á hora ordinaria diaria un incremento do 150%.

5. As horas extraordinarias realizadas en sábados, domingos e festivos pagaranse como horas extras normais, salvo as que se realicen entre as 22 horas e as 6 horas, que se pagarán como horas extras nocturnas.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Consistirán en tres pagas:

a) Unha en xullo, por un importe de 30 días de salario base máis antigüidade, que se deberá facer efectiva o 15 de xullo.

b) Unha en setembro, por un importe de 15 días de salario base máis antigüidade, que se deberá facer efectiva o 15 de setembro.

c) Unha en decembro, por un importe de 30 días de salario base máis antigüidade, que se deberá facer efectiva o 15 de decembro.

2. A empresa poderá ratea-lo importe das gratificacións extraordinarias ó longo dos meses do ano.

3. Os traballadores que ingresen ou cesen durante o ano terán dereito a percibi-la parte proporcional das gratificacións extraordinarias, considerándose que para efectos do dito devengo a paga de xullo corresponde ó período agosto-xullo, que a paga de setembro corresponde ó período outubro-setembro e a paga de decembro corresponde ó período xaneiro-decembro.

Artigo 15º.-Axuda de custos.

1. A empresa poderá despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos a aquel en que presta os seus servicios durante calquera prazo de tempo e co límite establecido no Estatuto dos traballadores para ser considerado traslado, coa correspondente axuda de custos.

2. A contía das axudas de custos será pagada pola empresa, posteriormente á xustificación dos gastos ocasionados, e sempre que se realicen nos lugares sinalados, así mesmo, pola empresa.

Artigo 16º.-Indemnización en caso de accidente laboral.

1. O traballador que estea de baixa como consecuencia dun accidente de traballo ocorrido na empresa durante as horas de traballo, percibirá un complemento equivalente á diferencia entre o aboado pola Seguridade Social e o seu salario base máis a antigüidade correspondente, durante un período de seis meses, e sempre que a antigüidade na empresa sexa superior a seis meses.

2. O traballador que estea de baixa como consecuencia dun accidente ocorrido por desprazamente efectuado por necesidades da empresa, percibirá un complemento equivalente á diferencia entre o aboado pola Seguridade Social e o seu salario base máis a antigüidade correspondente, durante un período de seis meses, e sempre que a antigüidade na empresa sexa superior a seis meses.

3. O traballador que estea de baixa e precise hospitalización por enfermidade común, percibirá un complemento equivalente á diferencia entre o aboado pola Seguridade Social e o seu salario base máis a antigüidade correspondente, durante un período máximo de seis meses, computando os días de hospitalización e os de convalencencia no domicilio motivada pola dita hospitalización, e sempre que a antigüidade na empresa sexa superior a seis meses.

4. Nos casos de accidente non laboral, ocorridos fóra da empresa, esta non aboará complemento ningún nin en caso de baixa nin en caso de hospitalización.

Artigo 17º.-Pagamento de salarios.

1. A empresa queda obrigada a paga-los salarios dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó mes vencido en que se produza o devengo.

2. O pagamento efectuarase por ingreso na conta bancaria que o traballador designe, admitíndose

excepcionalmente e por causa xustificada outro modo de pagamento.

Capítulo VI

Compensación e absorción

Artigo 18º.-Compensación e absorción.

1. As melloras resultantes do presente convenio serán compensadas e absorbidas ata onde alcance o cómputo anual, con aqueloutras melloras que teña establecido a empresa ou que sexan de aplicación por disposición legal.

Capítulo VII

Disposicións varias

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

1. A empresa dotará o persoal feminino de dúas batas e o persoal masculino de dúas fundas, anualmente, sen prexuízo de pezas especiais para traballos que así o requiran.

2. A roupa será en todo momento propiedade da empresa e o traballador está obrigado á súa boa conservación e uso.

3. O uso da roupa de traballo entregada será de obrigado cumprimento para o traballador.

4. A empresa poderá facer constar na roupa de traballo o seu anagrama.

Artigo 20º.-Póliza de seguros.

1. A empresa concertará, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguros que cubras as seguintes continxencias:

a) Para o persoal de comercial, como consecuencia de accidente laboral ou común, con resultado de:

-Morte: 10.000.000 de pesetas.

-Invalidez permanente: 10.000.000 de pesetas.

b) Para o persoal de administración, como consecuencia de accidente laboral ou común, con resultado de:

-Morte: 8.000.000 de pesetas.

-Invalidez permanente: 8.000.000 de pesetas.

c) Para o persoal de producción, como consecuencia de accidente laboral ou común, con resultado de:

-Morte: 5.000.000 de pesetas.

-Invalidez permanente: 5.000.000 de pesetas.

2. Para o persoal de nova incorporación a póliza de seguros deberase concertar no prazo dun mes a partir da data de contratación.

3. Para os efectos deste artigo, a cualificación de accidente e o grao de invalidez será o que no seu día determinen os organismos da Seguridade Social.

4. Estas compensacións son compatibles coas pensións ou indemnizacións que lle poidan corresponder ó traballador da Seguridade Social ou mutualidade correspondente.

5. As indemnizacións que, segundo o teor das condicións particulares e xerais da póliza de seguro, sexan percibidas polos traballadores ou os seus herdeiros con cargo ó contrato de seguro que voluntariamente ten este convenio, consideraranse como entregadas a conta das indemnizacións que, se así é o caso, puidesen declarar con cargo á empresa os tribunais de xustiza, e compensarse ata onde aquelas alcancen.

Artigo 21º.-Revisión médica.

1. Unha vez ó ano efectuarase unha revisión médica para tódolos traballadores.

2. Estas revisións correrán a cargo da Seguridade Social ou mutualidade correspondente.

Capítulo VIII

Faltas e sancións

Artigo 22º.-Faltas e sancións.

1. Toda falta cometida por un traballador da empresa, atendendo á súa importancia, transcendencia, malicia ou reincidencia clasificaranse en:

a) Leve.

b) Grave.

c) Moi grave.

Artigo 23º.-Faltas leves.

Son faltas leves as seguintes:

1. A falta de puntualidade na asistencia ó traballo, con atraso sobre o horario de entrada superior a 5 minutos e inferior a 30.

As tres primeiras faltas cometidas no período dun mes serán consideradas leves.

2. Non estar ó inicio ou ó final da xornada no posto de traballo correspondente, e coa roupa de traballo facilitada pola empresa posta.

3. Abandonar, sen causa xustificada, o traballo que se lle encomendase, aínda que sexa por breve tempo.

Se, como consecuencia do dito abandono, se lle causase algún prexuízo á empresa ou ós seus compañeiros de traballo, poderá ser considerada grave ou moi grave.

4. Non atende-lo público coa atención e corrección debidas. Se esta falta se cometese cun socio da cooperativa, a falta será considerada como grave.

5. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa ou durante actos de servicio. Se tales discusións producisen escándalos notorios, poderán ser consideradas como faltas graves ou moi graves.

6. Faltar ó traballo sen causa xustificada un día ó mes.

Artigo 24º.-Faltas graves.

1. Máis de tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo durante un período de trinta días. Cando

se tivese que substituír un compañeiro, abondará unha soa falta de puntualidade para ser considerada como grave.

2. Máis de tres faltas cometidas no punto 2 do artigo anterior.

3. Faltar dous días ó traballo, sen causa xustificada, durante un período de trinta días.

4. Non comunicar de inmediato as variacións da situación familiar que poidan afecta-la responsabilidades fiscal ou coa Seguridade Social.

5. A reincidencia no abandono do posto de traballo ou no servicio encomendado, por breve tempo.

6. Entregarse a xogos ou distraccións, de calquera tipo que sexan.

7. A simulación de enfermidade ou accidente.

8. A negativa a realiza-las horas estructurais que a empresa declare obrigatorias.

9. A mera desobediencia ós seus superiores en calquera materia de servicio. Se implicase quebranto manifesto da disciplina ou disto se derivase prexuízo para a empresa poderase considerar como falta moi grave.

10. Simula-la presentcia doutro productor fichando por el.

11. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha do servicio.

12. A imprudencia en actos de servicio. Se implicase risco de accidente para si ou para os seus compañeiros, ou da dita imprudencia se derivase prexuízo para a empresa, considerarase falta moi grave.

13. Realizar sen o oportuno permiso traballos particulares durante a xornada ou empregar ferramentas ou instalacións da empresa para uso propio aínda fóra do horario de traballo.

14. A reincidencia en falta leve, salvo naquelas que se precisan tres faltas leves nun período de trinta días, aínda que sexan de distinta natureza, nun período de 90 días.

Artigo 25º.-Faltas moi graves.

1. Máis de 10 faltas nos puntos 1 e 2 do Art. 2, nun período de 180 días.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadadas.

3. Facer desaparecer, inutilizar, estragar ou causar desperfectos en materiais, utensilios, ferramentas, instalacións, edificios e demais obxectos e documentos da empresa ou do seu persoal.

4. Viola-lo segredo de correspondencia ou documentos e informacións reservados á empresa.

5. Revelar a elementos estraños á empresa ou da propia empresa datos de reserva obrigada.

6. Dedicarse a actividades que sexan competitivas coas propias actividades da empresa.

7. Os malos tratamentos de palabra ou obra, abuso de autoridade ou falta de respeto e consideración ós xefes e encargados, membros da xunta rectora, dos socios, así como ós compañeiros e subordinados.

8. Causar accidentes graves para si, para cos compañeiros ou para os bens da empresa por neglixencia ou imprudencia inescusable.

9. Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

10. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo.

11. Orixinar frecuentes liortas e discusións cos compañeiros de traballo.

12. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, nun período de 180 días.

Artigo 26º.-Clasificación das faltas.

1. A enumeración das faltas en leves, graves e moi graves feitas nos artigos anteriores é meramente enunciativa, e non implica que poidan existir outras, as cales serán clasificadas segundo a analoxía coas aquí definidas.

2. A clasificación das faltas en leves, graves e moi graves faraa sempre a empresa.

Artigo 27º.-Sancións.

1. As sancións máximas que poderá pó-la empresa ós que incorran en faltas serán as seguintes:

a) Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación escrita.

-Suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de dezaseis a corenta días.

-Traslado forzoso de servicio a distinta localidade, sen dereito a indemnización.

-Despedimento, con perda de tódolos dereitos na empresa.

Capítulo IX

Normas e procedemento

Artigo 28º.-Competencia.

1. Correspóndelle á dirección da empresa a facultade de impor sancións de acordo coas normas establecidas neste capítulo.

2. As sancións seranlle comunicadas por escrito ó interesado, expresando as causas que a motivaron, e este deberá asina-lo duplicado e entregarllo á dirección ou xerencia.

3. En tódolos casos de sancións graves ou moi graves, o interesado, dentro dos vinte días hábiles seguintes a aquel en que se lle comunique a sanción, poderá recorrer ante os xulgados do social.

Artigo 29º.-Caducidade.

1. As faltas leves prescribirán ós dez días naturais, as graves ós vinte días e as moi graves ós sesenta días a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso, ós seis meses de terse cometido.

2. A empresa anotará nos expedientes persoais dos seus productores as sancións que lle sexan impostas, e serán anuladas deles, sempre que non haxa reincidencias.

a) As faltas leves: ó ano.

b) As faltas graves: ós tres anos.

c) As faltas moi graves: ós cinco anos.

Disposicións adicionais

Primeira.-Comisión mixta paritaria.

1. Créase unha comisión mixta paritaria, composta polo representante da empresa que esta designe e polos representantes dos traballadores, que terá as seguintes funcións:

a) Interpretación das cláusulas do convenio

b) Arbitraxe das cuestións que se deriven da aplicación do convenio

c) Vixilancia e cumprimento do pactado

2. Esta comisión poderá ser asistida dos asesores que coide convenientes calquera das partes representadas nelas.

3. As funcións e actividades da comisión mixta non obstruirán en ningún caso as accións laborais correspondentes.

Segunda.-No non previsto no presente convenio, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

ANEXO I

Táboa salarial

Artigo 1º.-Salarios.

GrupoÁreaFunciónSalario/mes

BComercialXefe de vendas183.020
AdministraciónXefe de administración183.020
Atención ó socio183.020
ProducciónEnólogo183.020

GrupoÁreaFunciónSalario/mes

Xefe de producción183.020
CComercialInspector de vendas125.405
AdministraciónXefe de contabilidade142.353
ProducciónEncargado de adega125.405
Encargado de embotellado125.405
Encargado de almacén125.405
Encargado de mantemento125.405
Encargado de producción142.353
DComercialComercial promotor101.678
AdministraciónAdministrativo de 1ª105.746
ProducciónOficial de 1ª100.469
EComercialAutovenda92.418
AdministraciónAdministrativo de 2ª97.613
ProducciónOficial de 2ª93.087
FComercialAxudante de reparto89.008
AdministraciónAuxiliar administrativo89.477
ProducciónOficial de 3ª89.008
GProducciónPeón84.795
Personal de limpeza84.795

Artigo 2º.-Incremento compensatorio de peóns.

Co obxecto de procurar unha progresiva equiparación dos salarios dos distintos grupos profesionais, ós traballadores que teñan salario de peóns faráselles un incremento especial compensatorio do 2%, devengándose na data seguinte:

-31 de agosto de 1998.

Artigo 3º.-Incremento compensatorio de oficiais de terceira.

Ós traballadores que teñan salario de oficial de terceira faráselles un incremento especial compensatorio do 1,50%, devengándose na data seguinte:

-31 de agosto de 1998.

3215