O Decreto 89/1993, do 19 de abril, regula a autorización de libros de texto e doutros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, así como o seu uso nos centros docentes.
O devandito decreto establece como elemento fundamental do proceso de autorización a presentación do proxecto editorial e define as condicións que este ten de reunir para a súa aprobación.
A Orde do 15 de novembro de 1994 desenvolve o devandito decreto, concretando a documentación que debe acompaña-la solicitude de autorización e precisando os termos nos que os libros de texto e os materiais curriculares, sempre que se axusten ó proxecto editorial aprobado, farán consta-la autorización.
En virtude das mencionadas normas,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Quedan autorizados os proxectos editoriais supervisados que se mencionan no anexo da presente orde, así como o uso nos centros docentes públicos e privados da Comunidade Autónoma dos libros de texto e dos correspondentes materiais curriculares nos que se concretan os devanditos proxectos.
Artigo 2º
Os libros de texto e materiais curriculares resultantes do proxecto editorial mencionado farán consta-la autorización nos termos establecidos na citada Orde do 15 de novembro de 1994.
A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 1998.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
Director Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional
ANEXO
Relación dos proxectos editoriais supervisados
Editorial Proxecto
Casals, S.A. -Proxecto editorial «Correbit» para o 2º ciclo de educación infantil.
Everest Galicia, S.L. -Proxecto editorial «Novo Flopi» para o 2º ciclo de educación infantil.
Vicens Vives, S.A. -Proxecto editorial «Educación infantil» para o 2º ciclo de educación infantil.
4789