Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.785

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Gas Galicia SDG, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Gas Galicia SDG, S.A., (código de convenio nº 8200392), que se subscribiu con data do 1 de abril de 1998, entre a representación da empresa e o delegado de persoal da empresa en representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, a Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo de Gas Galicia SDG, S.A.

Capítulo I

Condicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio regula as relacións de traballo entre Gas Galicia SDG, S.A. e os traballadores incluídos no seu ámbito persoal e territorial, aplicándose con preferencia ó disposto nas demais normas laborais vixentes.

Artigo 2º.-Ambito territorial.

O presente convenio é de aplicación en tódolos centros de traballo da empresa xa existentes ou de nova creación situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Este convenio colectivo afecta a tódolos traballadores da empresa integrados nos centros de traballo en que é de aplicación, sen outras excepcións có persoal directivo e aqueles que regulen individualmente a súa relación laboral pactando a súa exclusión do ámbito de aplicación do convenio.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

1. Este convenio terá unha duración de tres anos; entra en vigor con efectos do 1 de xaneiro de 1997

e estende a súa vixencia ata o 31 de decembro de 1999, excepto naqueles artigos ou materias en que se estableza unha vixencia diferente.

2. Finalizado o período inicial de vixencia sinalado no parágrafo anterior ou calquera das súas prórrogas anuais, quedará prorrogado nas súas cláusulas normativas por anos naturais, se non se produce denuncia expresa por calquera das partes.

3. A denuncia deberá formularse mediante comunicación escrita á outra parte lexitimada e á autoridade laboral competente, dentro do prazo dos tres meses previos á expiración da súa vixencia ou á de calquera das súas prórrogas anuais.

Artigo 5º.-Aplicación de condicións.

1. As condicións pactadas no presente convenio compensan e absorben na súa globalidade outras que os traballadores desfruten ou ás que puidesen ter dereito por título anterior, actual ou futuro, de acordo cos límites establecidos na lei.

2. Os valores que neste convenio se determinan son de carácter bruto, polo que se lles aplicarán as deduccións e retencións que correspondan nos termos legalmente establecidos.

3. A vixencia do presente convenio colectivo implica a derrogación expresa de todas aqueloutras normas vixentes de carácter colectivo que, tendo a súa orixe en acordos acadados entre a empresa e a representación dos seus traballadores ou estando fundamentadas en usos e costumes locais e profesionais, se opoñan ó pactado nel.

4. Sendo as condicións reguladas neste convenio un todo único e indivisible, a modificación total ou parcial do establecido nel por aplicación de norma de dereito necesario ou resolución administrativa, implicará a anulabilidade da totalidade do presente convenio por instancia de parte. De producirse este suposto, ámbalas partes comprométense á constitución da comisión negociadora do convenio colectivo no prazo dun mes a partir da data en que se produza a denuncia de nulidade.

Artigo 6º.-Dereito supletorio.

1. No non regulado no presente convenio observarase o disposto en normas legais e regulamentarias de carácter estatal e, se é o caso, de ámbito autonómico aplicable cando a lexislación xeral prevexa a súa competencia específica nunha determinada materia.

2. Empresa e traballador poderán concertar, mediante contrato individual de traballo, condicións laborais diferentes das reguladas neste convenio colectivo, sempre que non vaian, con carácter global, en prexuízo do traballador interesado.

Artigo 7º.-Organización do traballo.

1. A organización, control e dirección do traballo, de acordo co establecido neste convenio e na lexis

lación vixente, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa.

2. As partes acordan o acatamento, no marco de relacións laborais pactado, dos principios e normas establecidos na lexislación vixente, e comprometen a súa colaboración en cantas melloras en sistemas, procedementos e métodos de prestación do traballo poidan implantarse para, mediante a utilización óptima dos recursos humanos e materiais, acada-los obxectivos empresariais de calidade de servicio, productividade, competitividade por desenvolvemento tecnolóxico e de xestión, e o fin último de rendibilidade na actividade empresarial.

Capítulo II

Clasificación profesional

Artigo 8º.-Clasificación profesional.

1. Os traballadores afectados polo presente convenio serán clasificados en grupos profesionais de acordo coas definicións que se especifican no artigo seguinte.

2. A empresa, en uso das súas facultades de organización e dirección do traballo, poderá establecer e desenvolver organizativamente grupos profesionais, atendendo á evolución dos seus obxectivos e actividade.

Artigo 9º.-Descrición de grupos profesionais.

Establécense dous grupos profesionais en función do contido xeral da prestación: técnico e administrativo, nos que se inclúen, ademais das funcións específicas dos seus respectivos ámbitos, as actividades e tarefas comerciais, que son compartidas por ámbolos grupos polo carácter central que desempeñan para a misión e obxectivos da empresa. A mellor atención e servicio ó cliente defínese como obriga básica de tódolos traballadores de Gas Galicia SDG, S.A.

Para o desempeño das funcións que a seguir se indican, os traballadores utilizarán os procedementos, medios, soportes técnicos e equipos ofimáticos que a empresa considere adecuados en cada momento.

Grupo técnico: os traballadores adscritos a este grupo realizan funcións operativas propias da industria e o mercado en que a empresa desenvolve a súa actividade, tales como producción, transporte, distribución e utilización de gas e mantemento, atención e reparación de instalacións e productos relacionados directa ou indirectamente con el. Igualmente realizan actividades comerciais, tales como atención e información a clientes e promoción de productos e servicios da empresa.

Grupo administrativo: os traballadores adscritos a este grupo realizan funcións administrativas xerais, atención a clientes, venda e promoción de productos e servicios, información e promoción comercial, orzamentación, contratación e elaboración de informes e estudios.

Artigo 10º.-Niveis de cualificación funcional.

1. Dentro dos citados grupos profesionais, atendendo á amplitude, competencia e eficacia no desempeño das funcións, establécense tres niveis de cualificación funcional e un nivel de acceso. O nivel de cualificación funcional é independente das actividades que de forma accesoria, temporal ou ocasional se poidan asignar ós traballadores.

2. Os niveis de cualificación funcional son os seguintes:

-Superior: corresponde coa alta especialización ou a maior amplitude e autonomía no desempeño das funcións propias do grupo profesional. Os traballadores nel incluídos poden exercer supervisión de tarefas e mando de equipos de traballo.

-Xeral: corresponde co desempeño xeral e pleno das funcións propias do grupo profesional. Os traballadores nel incluídos poden exercer supervisión de tarefas e mando de equipos de traballo.

-Inicial: é o referido ó desempeño básico das funcións propias do grupo profesional.

3. O nivel de acceso ten por obxecto favorece-la incorporación e desenvolvemento na empresa de traballadores sen experiencia ou forma suficientes. A adscrición dun traballador a este nivel terá carácter transitorio, atendendo ó seu obxecto.

Capítulo III

Réxime de traballo

Artigo 11º.-Xornada de traballo.

1. A partir do 1 de xaneiro de 1998 a duración da xornada anual para todo o persoal da empresa será de 1.795 horas de traballo efectivo, que se poderán distribuír de forma irregular ó longo do ano respectando os límites establecidos na lexislación vixente e prestada nos réximes de xornada partida, continuada ou a quendas. O eventual exceso sobre a citada xornada anual será compensado pola empresa en tempo de descanso.

2. A empresa establecerá o calendario laboral, que deberá incluír necesariamente os días festivos oficiais e mailos horarios de traballo para cada réxime de xornada e, se é o caso, a programación do réxime de quendas e reténs, os períodos de distribución irregular da xornada de traballo e as datas hábiles para o desfrute de vacacións e descansos compensatorios.

3. A empresa, no uso da súa facultade de organización do traballo, poderá acomoda-las quendas ás necesidades temporais ou cíclicas de subministración na distribución de gas, suspendelas, ou ben contratar persoal para completa-los equipos de traballo necesarios.

4. O tempo de traballo computarase de xeito que tanto ó comezo como ó final da xornada diaria o traballador se atope no seu posto de traballo.

Artigo 12º.-Vacacións.

1. Todo o persoal da empresa desfrutará de 30 días naturais de vacacións anuais, ou da parte proporcional que corresponda no caso de non estar en situación de alta na empresa o ano natural completo.

2. Establécese como período xeral preferente de desfrute de vacacións anuais o comprendido entre os meses de xuño e setembro, ámbolos dous incluídos. Non obstante e por razón de necesidades de servicio ou por petición do traballador, a empresa poderá autoriza-lo fraccionamento do período total de vacacións. O desfrute das vacacións correspondentes ó persoal en réxime de quendas será o establecido no calendario que publique a empresa conforme o regulado no artigo 11º do presente convenio.

Artigo 13º.-Mobilidade na empresa.

1. O traballador realizará habitualmente as funcións propias do seu grupo profesional. A empresa poderá asignarlle outras funcións equivalentes sen máis limitacións cás establecidas nas disposicións laborais vixentes.

Por razóns económicas, técnicas, organizativas e de producción, a empresa poderalle asignar ó traballador funcións distintas das propias do seu grupo profesional, respectando os límites e garantías establecidos na lexislación vixente.

2. A asignación temporal de funcións correspondentes a un nivel de cualificación funcional superior, dentro do mesmo grupo profesional ou noutro, suporá o dereito a devenga-las diferencias salariais que correspondesen durante o tempo de desempeño de tal prestación.

A asignación de funcións correspondentes a un nivel de cualificación funcional inferior efectuarase polo tempo imprescindible, respectando en todo caso o salario que o traballador tivese acreditado.

3. O traballador prestará os seus servicios no centro de traballo en que estea adscrito, e poderá ser desprazado temporalmente por decisión da empresa nos termos legalmente establecidos.

Por mutuo acordo de empresa e traballador poderá excederse o límite máximo establecido na lei para esta situación, no tempo e condicións que expresamente conveñan, sen que iso modifique a súa natureza xurídica de desprazamento temporal.

4. Enténdese por traslado o cambio de centro de traballo que esixa para o traballador un cambio permanente de residencia.

O traballador poderá ser trasladado a calquera centro de traballo da empresa, de conformidade coa lexislación vixente.

No caso de traslado, poderase establecer unha compensación na contía que acorden empresa e traballador, sen que en ningún caso poida ser esta infe

rior ós gastos do primeiro desprazamento derivados do traslado da persoa e obxectos do traballador e familiares ó seu cargo.

Capítulo IV

Contratación, promoción e formación

Artigo 14º.-Ingresos.

O ingreso dos traballadores axustarase ás modalidades de contratación establecidas en cada momento pola lexislación vixente, e estará determinado por razóns de necesidade de contratación libremente establecidas a criterio da empresa.

Artigo 15º.-Período de proba.

1. O ingreso dos traballadores entenderase feito a título de proba co período de duración máximo que na lei se estableza.

2. Durante o período de proba o contrato poderá ser resolto libremente por calquera das partes sen prazo de aviso previo e sen dereito a indemnización de ningún tipo.

3. A situación de incapacidade temporal ou equivalente interromperá o cómputo do período de proba, que continuará a partir da data de incorporación efectivo do traballo.

4. No caso de promoción e ascenso do traballador, a empresa poderá condiciona-la súa efectividade á superación dun período de proba que non será superior ó establecido no parágrafo 1 deste artigo.

Artigo 16º.-Promoción e ascensos

1. A promoción e ascenso de nivel de cualificación dentro de cada grupo profesional, ou o cambio deste, serán efectuados pola empresa atendendo ás súas necesidades organizativas libremente apreciadas pola dirección.

2. Será de libre criterio da empresa, en función das súas necesidades de organización, a amortización das vacantes que se produzan.

Artigo 17º.-Formación.

1. A empresa poderá establecer programas de formación e perfeccionamento, co fin de facilitarlles ós traballadores a súa permanente adecuación profesional ós cambios organizativos e tecnolóxicos e potencia-las súas expectativas de promoción e desenvolvemento. Os traballadores asumen o dereito e deber de colaboraren activamente nas accións formativas tanto en calidade de alumnos para a ampliación e perfeccionamento dos propios coñecementos, como de profesores ou monitores para transmitir a outros os xa adquiridos.

A devandita formación realizarase preferentemente en xornada de traballo sen que a posible extensión desta fóra do ámbito de xornada laboral poida considerarse para ningún efecto como prestación efectiva de traballo.

2. As partes asinantes asumen o compromiso de desenvolveren as iniciativas e accións necesarias,

e instaren conxuntamente dos organismos oficiais a obtención das axudas e subvencións que nesta materia estean establecidas.

Capítulo V

Sistema retributivo

Artigo 18º.-Sistema retributivo.

1. As retribucións do persoal comprendido neste convenio estarán constituídas polo salario, integrado polo soldo base e o complemento de desenvolvemento profesional, e polos complementos funcionais.

Para os efectos de percepción do salario consideraranse tódolos meses de trinta días.

2. As retribucións que se establecen neste convenio, e os valores que para cada concepto se fixan, están referidos á xornada efectiva e completa de traballo. En consecuencia, o persoal que teña concertado un réxime de traballo a xornada parcial devengará tales retribucións na proporción que corresponda á xornada que efectivamente realice.

3. Os conceptos integrantes do salario, de acordo co establecido no parágrafo 1 deste artigo, teñen carácter consolidable. Non terán tal carácter os complementos funcionais, polo que os deixarán de percibir os traballadores que os devenguen cando se lles asignen tarefas que non leven aparellada a condición esixida para a súa percepción.

4. Quedan suprimidos todo tipo de complementos e pluses de cualquera contido e denominación, con excepción dos regulados no presente convenio.

5. É de libre facultade da empresa a creación de novos conceptos de complementos, fixos ou variables, e a modificación e anulación dos existentes, con respecto dos límites establecidos na lexislación vixente.

Artigo 19º.-Soldo base.

É a parte do salario constituída pola cantidade anual asignada, dentro da táboa salarial, en relación cos niveis de cualificación funcional e grupos profesionais existentes. O seu valor mensual é o resultado de dividir entre catorce pagamentos de igual importe, doce mensualidades e dúas pagas extraordinarias, o total establecido no anexo II, táboa salarial.

Artigo 20º.-Complemento de desenvolvemento profesional.

É a parte do salario constituída pola cantidade asignada pola empresa a cada traballador, dentro dos límites fixados na táboa salarial, atendendo ó seu desempeño efectivo, amplitude de funcións, experiencia e grao de desenvolvemento profesional no exercicio da súa actividade.

O importe deste complemento para cada traballador é de libre determinación pola empresa en todo momento, dentro dos límites fixados na táboa salarial, e será absorbido no soldo base no suposto de cambio de nivel de cualificación funcional do traballador.

O complemento de desenvolvemento profesional percibirase en catorce pagamentos de igual importe -doce mensualidades e dúas pagas extraordinarias.

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.

De conformidade co establecido nos artigos 19º e 20º, devengaranse anualmente dúas gratificacións extraordinarias que se percibirán nos meses de xullo e decembro. Por ter cada gratificación extraordinaria cómputo de carácter semestral, o persoal percibiraas proporcionalmente ó tempo traballado respecto a cada unha delas.

Artigo 22º.-Complementos funcionais.

1. Son complementos funcionais de posto de traballo as cantidades que poidan asignarse ós traballadores por razón dos requirimentos específicos das funcións que exerzan ou das circunstancias de tempo ou lugar en que estas deban desenvolverse.

2. Dado o seu carácter funcional, a súa percepción dependerá exclusivamente do exercicio efectivo das funcións para as que están regulados, polo que non teñen carácter consolidable e en consecuencia o dereito ó seu devengo, por día efectivamente traballado, cesará automaticamente para o traballador en canto lle deixen de afectar os requirimentos esixidos ou as circunstancias de tempo, lugar e condición de traballo predeterminadas para o seu devengo.

Artigo 23º.-Retén.

1. Devengará este complemento todo traballador que funcionalmente quede adscrito pola empresa a este servicio, que ten como finalidade fundamental asegura-la actuación rápida ante situacións de urxencia, accidente ou sinistro que poidan supoñer risco na seguridade das persoas e das instalacións propias ou de terceiros, así como para garanti-la continuidade e suficiencia da subministración nos termos esixidos á prestación dun servicio público. Isto implica, para o persoal vinculado á súa prestación, a obrigatoriedade de estar dispoñible e efectivamente localizable e en condicións que aseguren a súa efectiva presencia no menor tempo posible e dentro do prazo que estableza a dirección da empresa.

2. O servicio de retén esténdese desde a finalización da xornada laboral ordinaria do persoal a el adscrito ata o inicio do seguinte, podendo existir entre ámbolos momentos días festivos ou non laborables completos.

3. A situación de retén distribúese por bloques de semana completa ou por días, establecendo a empresa o calendario correspondente por sistema rotacional de asignación individual da condición de titular ou suplente, co fin de que o colectivo de persoal adscrito a este servicio asegure a súa cobertura ante situacións de absentismo de calquera clase.

4. A dirección da empresa regulará as normas de actuación e organización do traballo no servicio de retén e o seu calendario anual correspondente, que

estableza as datas e horas de inicio e fin do citado servicio.

5. O complemento por adscrición ó servicio de retén retribúe tanto a dispoñibilidade como a efectiva prestación do traballo, con independencia do tempo que en cada intervención fose necesario e do día e hora da semana en que se realice.

A contía do complemento por adscrición ó servicio de retén establécese en 14.300 ptas. brutas semanais para 1997, 15.730 ptas. brutas semanais para 1998 e 16.517 ptas. brutas semanais para 1999.

Artigo 24º.-Pagamento de salarios.

O pagamento dos salarios realizarase o último día hábil de cada mes, mediante transferencia bancaria á conta corrente indicada polo traballador e da que este sexa titular.

Artigo 25º.-Incremento salarial.

1. En 1997 serán de aplicación os valores retributivos que se establecen no articulado e anexo I, táboa salarial, do presente convenio.

2. A táboa salarial para 1998 incrementarase, segundo previsión oficial do IPC, no 2,1%, se ben este incremento estará suxeito a revisión pola diferencia entre a referida previsión e o IPC real. No anexo II recóllese a táboa salarial prevista para 1998, sen prexuízo das variacións que esta poida supor como consecuencia da antes citada revisión.

3. Para o ano 1999 incrementarase o importe económico da táboa salarial, de conformidade co IPC oficialmente previsto polo Goberno da nación para

o dito ano, e con revisión pola diferencia co IPC real de 1999.

Capítulo VI

Outras disposicións

Artigo 26º.-Comisión mixta.

Ambalas partes negociadoras acordan establecer unha comisión mixta como órgano de interpretación, conciliación e vixilancia do cumprimento do presente convenio.

A comisión mixta estará integrada paritariamente por un representante dos traballadores e por un representante da empresa.

Serán funcións específicas da comisión mixta as seguintes:

a) Interpreta-lo convenio.

b) Vixia-lo cumprimento do convenio.

c) Establecer procedementos para solventa-las discrepancias no seo da propia comisión.

d) Establecer procedementos voluntarios de solución de conflictos colectivos.

Artigo 27º.-Acción sindical.

Os representantes dos traballadores terán o réxime de garantías, dereitos e deberes que determinen en cada momento as disposicións legais sobre a materia.

Disposición adicional

Primeira.-Réxime disciplinario.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo co réxime disciplinario que se establece no anexo III deste convenio colectivo.

ANEXO I

Táboa de salario anual 1997

A táboa de soldos base e complementos de desenvolvemento profesional, en valor anual, por grupos profesionais e niveis, é a seguinte:

GRUPO TÉCNICOGRUPO ADMINISTRATIVO

Nivel de cualificaciónSoldo baseComplemento de desenvolvementoSoldo baseComplemento de desenvolvemento

Superior3.060.000A partir de 25.500 ptas. 3.060.000 ptas.A partir de 25.500 ptas.
Xeral2.040.000Desde 25.500 a 994.500 ptas.1.785.000 ptas.Desde 25.500 ptas. a 1.249.500 ptas.
Inicial1.224.000Desde 25.500 a 790.500 ptas.1.122.000 ptas.Desde 25.500 a 637.500 ptas.

GRUPO TÉCNICOGRUPO ADMINISTRATIVO

Soldo base Soldo base
Nivel de accesoImporte mínimo establecido

na lexislación vixente

Importe mínimo establecido

na lexislación vixente

ANEXO II

Táboa de salario anual 1998 (conforme o artigo 25º.2)

A táboa de soldos e complementos de desenvolvemento profesional, en valor anual, por grupos profesionais e niveis, é a seguinte:

GRUPO TÉCNICOGRUPO ADMINISTRATIVO

Nivel de cualificaciónSoldo baseComplemento de desenvolvementoSoldo baseComplemento de desenvolvemento

Superior3.124.260A partir de 26.035 ptas. 3.124.260 ptas.A partir de 26.035 ptas.
Xeral2.082.840Desde 26.035 a 1.015.384 ptas.1.822.485 ptas.Desde 26.035 ptas. a 1.275.739 ptas.
Inicial1.249.704Desde 26.035 a 807.100 ptas.1.145.562 ptas.Desde 26.035 a 650.887 ptas.

GRUPO TÉCNICOGRUPO ADMINISTRATIVO

Soldo base Soldo base
Nivel de accesoImporte mínimo establecido

na lexislación vixente

Importe mínimo establecido

na lexislación vixente

ANEXO III

Réxime disciplinario

Artigo 1º.-Réxime disciplinario.

Os traballadores poderán ser sancionados pola empresa de acordo co réxime disciplinario que para a graduación de faltas e sancións se establece nos artigos seguintes.

Artigo 2º.-Graduación de faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendida a súa importancia, trascendencia e as circunstancias que cualifiquen a súa conducta, como leve, grave ou moi grave.

Artigo 3º.-Faltas leves.

Cualificaranse como faltas leves as seguintes:

1. A falta de puntualidade na asistencia ó traballo con atraso sobre o horario de entrada superior a cinco e inferior a trinta minutos.

2. Non cursar en tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ó traballo por motivos xustificados, a non ser que se probe a imposibilidade de o efectuar.

3. O abandono sen causa fundada do traballo, aínda que sexa por breve tempo.

4. Pequenos descoidos na conservación do material de traballo.

5. Falta de aseo e limpeza persoal.

6. Non comunicarlle á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

7. A discusión sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa ou no desempeño das súas funcións.

8. Faltar inxustificadamente ó traballo un día no período de trinta.

Artigo 4º.-Faltas graves.

Cualificaranse como faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas inxustificadas de puntualidade durante un período de trinta días, ou unha soa cando tivese que relevar a outro traballador.

2. Faltar inxustificadamente dous días ó traballo durante un período de trinta.

3. Non comunicar coa puntualidade debida os cambios experimentados na familia e que poidan afectar á Seguridade Social.

4. Dedicarse a actividades impropias ou alleas ó traballo durante a xornada laboral.

5. A simulación de enfermidade ou accidente en prexuízo da prestación do traballo ou do normal rendemento.

6. A simple desobediencia ós superiores xerárquicos en calquera circunstancia laboral.

7. Simula-la presencia doutro traballador.

8. A neglixencia ou desidia no traballo.

9. A imprudencia no desempeño das funcións.

10. Realizar traballos particulares durante a xornada, así como empregar para usos propios ferramentas da empresa.

11. A embriaguez ou drogadicción en xornada de traballo, e aínda fóra dela se se fai vestindo uniforme da empresa.

12. O abandono sen causa fundada do posto de traballo cando e como consecuencia del se cause un prexuízo á empresa ou dano a outros compañeiros.

13. Non atende-lo público coa corrección debida.

14. A reincidencia en falta leve (excluída a puntualidade), aínda que sexa de distinta natureza e mediando amoestación escrita.

Artigo 5º.-Faltas moi graves.

Cualificaranse como faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de dez faltas de puntualidade inxustificadas na asistencia ó traballo, cometidas no período de seis meses, ou vinte durante o ano.

2. A desobediencia ós superiores xerárquicos que implique quebranto manifesto da disciplina ou cando dela se derivase prexuízo notorio para a empresa.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas, e o furto ou roubo á empresa, traballadores ou terceiros dentro das dependencias da empresa ou no desempeño das súas funcións en calquera lugar.

4. O delicto de furto, ou complicidade nel, de gas ou subproductos.

5. Facer desaparecer, inutilizar, esnaquizar ou causar estragos a primeiras materias, utensilios, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, obxectos ou documentos da empresa.

6. A imprudencia no desempeño da funcións que supoña risco de accidente para el mesmo ou outros traballadores ou terceiras persoas, ou perigo de avaría en instalacións da empresa ou de terceiros alleos a ela.

7. A condena por delicto de roubo, furto ou malversación cometidos fóra da empresa, ou por calquera outra clase de feitos que poidan implicar des

confianza para o seu autor. En todo caso, as de duración superior a seis anos dictadas polos tribunais de Xustiza como sentencia firme.

8. A habitual e continuada falta de aseo e limpeza.

9. A embriaguez ou drogadicción que supoña perigo grave no rendemento do traballo.

10. Viola-lo segredo de correspondencia ou documentos reservados da empresa.

11. O uso en beneficio propio ou alleo da información á que teña acceso ou coñeza por causa ou con ocasión da súa relación laboral coa empresa.

12. A divulgación de información confidencial ou propia da empresa, dos seus clientes ou provedores, que coñeza por razón ou con ocasión das funcións desempeñadas.

13. Dedicarse particularmente a traballo ou negocio relacionado directa ou indirectamente cos fins industriais e comerciais da empresa, e recibir beneficios ou gratificacións dos clientes ou abonados por traballos realizados no desempeño das súas funcións.

14. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade, ou falta grave de respecto e consideración a outros compañeiros e os seus familiares directos.

15. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia inescusables.

16. Abandona-lo traballo en postos de responsabilidade.

17. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal de traballo.

18. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dun período de seis meses a partir da primeira.

Artigo 6º.-Sancións.

1. Atendida a maior ou menor gravidade da falta e as circunstancias concorrentes en cada caso, as sancións que a seguir se relacionan poderán imporse discrecionalmente de acordo coa cualificación que lle corresponda.

2. Sancións por falta leve:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo ata dous días.

3. Sancións por falta grave:

-Suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

4. Sancións por falta moi grave:

-Suspensión de emprego e soldo de vinte a sesenta días.

-Inhabilitación por un período non superior a cinco anos para ascender de categoría.

-Traslado forzoso ou cambio de centro de traballo a localidade distinta sen dereito a indemnización ou compensación.

-Despedimento con perda de tódolos dereitos na empresa.

Artigo 7º.- Prescrición das faltas.

A prescrición das faltas laborais, computada en todo caso a partir da data en que a dirección da empresa tivo coñecemento da súa comisión, producirase dentro dos seguintes prazos:

Graduación da faltaPrazo de prescrición

Leve10 días

Grave 20 días

Moi grave60 días

En todo caso, as faltas laborais prescribirán ós seis meses de se cometeren.

4818