Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.803

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (203/1997).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira certifico:

Que nos autos que máis adiante se dirán recaeu sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Ribeira o cinco de febreiro de mil novecentos noventa e oito Celia Carmen Rodríguez Arias, xuíza de provisión temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado co nº 203/1997. Citouse o Ministerio Fiscal, que estivo representado polo fiscal da Audiencia provincial da Coruña. Foron igualmente citados en legal forma os denunciantes Jesús María Pérez Hermo e Emilia María Maneiro Pérez, e o denunciado José Antonio Rey Sampedro.

Parte dispositiva. Que debo condenar e condeno a José Antonio Rey Sampedro como autor de dúas faltas de furto tipificadas no artigo 623 do Código Penal, á pena de seis fins de semana de arresto por cada unha delas, e a que indemnice a Jesús María Pérez Hermo coa cantidade de 4.000 ptas. Con imposición das custas devengadas ó denunciado. Asi, por esta miña sentencia, que se notificará coas prevencións contidas no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a José Antonio Rey Sampedro expido e asino o presente edicto.

Ribeira, 27 de abril de 1998.

A secretaria

Rubricado

4049