Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.805

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento de novas aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos, por concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria. (Expediente 7/1998).

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora:

A) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

B) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

C) Nº de expediente: 7/98.

2. Obxecto do contrato:

A) Tipo de contrato: asistencia técnica.

B) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o desenvolvemento de novas aplicacións informáticas con destino ó Centro de Proceso de Datos.

C) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 38, do 25 de febreiro de 1998.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

A) Tramitación: ordinaria.

B) Procedemento: aberto.

C) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vintenove millóns seiscentas catorce mil pesetas (29.614.000), IVE incluído.

5. Adxudicación:

A) Data: 14 de abril de 1998.

B) Contratista: Desarrollos e Implantación de Nuevas Funciones Lógicas, S.L. (Drintel, S.L.).

C) Nacionalidade: española.

D) Importe da adxudicación: vintenove millóns seiscentas mil pesetas (29.600.000), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda

4387