Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/358-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Brañas de Orros.

Situación: Boimorto.

Descricións técnicas: L.M.T. a 15/20 kV de 0,021 km con orixe na L.M.T. Portodemouros-Arzúa, derivación a Pazo Guerra, e final no C.T. Brañas, en conductor LA-56/54,6 mm sobre apoios de formigón. C.T. intemperie de 50 kVA 15.000/380-220 V en Brañas de Orros. L.B.T. aérea de 1,692 km con orixe no C.T. Brañas de Orros, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón. L.B.T. aérea de 0,63 km con orixe no C.T. Sobreira, en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 22 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4292