Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de abril de 1998, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, por resultaren descoñecidos os seus domicilios, proposta dos expedientes sancionadores VP-C 19/97 e VP-C 20/97.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do precedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselles ós interesados as propostas dos correspondentes expedientes sancionadores, cos números que se indican, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.c da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Á dita infracción a instructora do expediente propón a sanción de multa de 200.000 ptas. sen prexuízo da obriga de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déaselles traslado ós interesados concedéndolles un prazo de 15 días para formularen alegacións en trámite de audiencia e presentaren os documentos e informacións que estimen pertinentes. A presente proposta non é susceptible de recurso.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados de enderezo descoñecido en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 20 de abril de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo da Coruña

ANEXO

VP-C 19/1997.

José Antonio Ramos Gómez.

R/ Fonte Balsa, urbanización Río Ramallal, bloque 1, P-2, 2ºD.

Vilaboa-Culleredo.

VP-C 20/1997.

Manuel López Arraña.

R/ Fonte Balsa, urbanización Río Ramallal, bloque 1, P-2, 2ºE.

Vilaboa-Culleredo.

4047