Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

Con data do 27 de abril de 1998 foi aprobado pola Comisión Municipal de Goberno o prego de cláusulas administrativas para a contratación da obra de urbanización praza do campo da festa de Peipaz (Ponte Noalla), o que se expón ó público na secretaría do concello, polo prazo de 8 días hábiles, para que poidan presentarse reclamacións contados desde o día seguinte ó da inserción do derradeiro anuncio no BOP ou DOG.

Simultaneamente anúnciase a licitación para adxudica-lo contrato aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o devandito prego ou contra o proxecto técnico.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de San Cibrao das Viñas.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: realización da obra de urbanización praza do campo da festa en Peipaz (Ponte Noalla).

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: Peipaz-Ponte Noalla (San Cibrao das Viñas).

d) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

22.538.632 ptas. (vintedous millóns cincocentas trinta e oito mil seiscentas trinta e dúas pesetas).

5. Garantías.

Provisional: 154.000 ptas.

Definitiva: 4% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Lugar: Secretaría do Concello de San Cibrao das Viñas, en horario de 9 a 14 horas.

b) Domicilio e teléfono: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas, praza da Constitución 1. San Cibrao das Viñas. Teléfono: (988) 38 10 34; Fax: (988) 38 11 01.

c) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Un exemplar do proxecto e do prego de cláusulas depositarase na fotocopiadora Puga, situada na zona universitaria (Ourense) para a obtención de copias polos interesados.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 7, categoría c; grupo G, subgrupo 6, categoría d.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo de presentación: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Casa do Concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Data: o cuarto día hábil seguinte (excepto sábados) e aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 11 horas.

10. Outras informacións.

Os criterios de adxudicación serán os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

San Cibrao das Viñas, 7 de maio de 1998.

A alcaldesa

Rubricado

4869