Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

ANUNCIO de licitación.-Plan 2000 de infraestructuras, anualidade 1998, 3ª fase.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vimianzo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número expediente: 1/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dotación rede xeral de auga na parroquia de Carnés.

b) Lugar de execución: parroquia de Carnés.

c) Prazo execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Vintecinco millóns (25.000.000) de ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% sobre o tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% sobre o importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información).

a) Entidade: Concello de Vimianzo.

b) Enderezo: praza do Concello, nº 6.

c) Localidade e código postal: Vimianzo, 15129.

d) Teléfono: (981) 71 60 01-71 60 26.

e) Fax: (981) 71 66 50.

f) Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: E, 1, d.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: rematará ós vinteséis días naturais, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, segundo sexa o último publicado.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Concello de Vimianzo.

Enderezo: praza do Concello, nº 6.

Localidade e código postal: Vimianzo 15129.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: dous meses contados desde o seguinte ó da apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Vimianzo.

b) Enderezo: praza do Concello, nº 6.

c) Localidade: Vimianzo.

d) Data: o primeiro luns hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: ás 18 horas.

10. Outras informacións.

Ningunha.

11. gastos de anuncios.

Os gastos dos anuncios, asi como os de formalización de fianzas e contratos, serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vimianzo, 20 de abril de 1998.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde

4081