Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.849

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de estratigrafía, do departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio, a Guillermo Francés Pedraz (praza 39/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de abril de 1997 (BOE do 22 de maio) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de estratigrafía, do departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio, a prol de Guillermo Francés Pedraz, con documento nacional de identidade número 07.835.287 e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Guillermo Francés Pedraz, profesor titular de universidade da área de coñecemento de estratigrafía, do departamento de Xeociencias Mariñas e Ordenación do Territorio.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 29 de abril de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

4226