Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a contratación da subministración do equipamento da residencia da terceira idade de Ferrol.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais, Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: equipamento de mobiliario e útiles para a residencia da terceira idade de Ferrol (A Coruña).

b) Número de unidades: ver prego técnico.

c) División por lotes: lote único.

d) Lugar de entrega: residencia da terceira idade de Ferrol (r/ Emilia Pardo Bazán, s/n, Polígono de Caranza (Ferrol).

e) Prazo de entrega: trinta (30) días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación: vinteseis millóns setecentas sesenta mil setecentas sesenta pesetas (26.760.760 ptas.)

5. Garantías:

Provisional: cincocentas trinta e cinco mil duascentas quince pesetas (535.215 ptas.)

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais e delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n, Edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: (981) 54 56 77; Fax (981) 54 56 63.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: ver cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano, s/n, 2ª planta , Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais.

b) Domicilio: sala de xuntas (ver punto 6.b).

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: o pagamento do presente anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1998.

P.D.(Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

4881