En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1996, do 18 de maio, de contratos das admi
nistracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, dispoño a publicación da adxudicación do seguinte contrato de subministración:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Parlamento de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.
c) Número de expediente: 3/1998.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: de subministración.
b) Descrición do obxecto: concurso, por procedemento aberto, para a subministración de equipos informáticos para os deputados membros da mesa e mais para a xefatura dos servicios administrativos do Parlamento de Galicia.
c) Lotes: único.
d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 62, do 1 de abril de 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 3.654.000 pesetas, incluído o IVE.
5. Adxudicación.
a) Data: 5 de maio de 1998.
b) Contratista: Archy & Siga Informática, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe da adxudicación: 3.248.000 de pesetas, incluído o IVE.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 1998.
José María García Leira
Presidente do Parlamento de Galicia
4882