Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Xoves, 28 de maio de 1998 Páx. 5.863

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 1998 pola que se anuncia concurso polo trámite de urxencia, para a contratación dos servicios de hostelería dos campamentos de verán 98, no centro de vacacións da Lanzada.

Tipo de licitación: fíxase en 10.767.000 ptas., IVE incluído (limpeza 485.000; lavandería 1.067.000 e alimentación 9.215.000 pesetas).

Fianzas: a provisional do 2% do tipo de licitación, e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: durante 13 días naturais a partir do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar no pazo provincial ás 12 horas do día seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

Información: Servicio de Contratación da Deputación. Teléfono (986) 80 41 01.

As características peculiares e a documentación para tomar parte no concurso figuran no expediente que consta no Servicio de Contratación.

Pontevedra, 21 de maio de 1998.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

4902