Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de pastelería, confeitería e repostería de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de pastelería, confeitería e repostería de Lugo (código 2700215), da provincia de Lugo, asinado o día 24 de marzo de 1998, pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de Confitería y Pastelería de Lugo e das centrais sindicais UGT (100%), CIG (0%) e CC.OO. (0%), e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mencionado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 22 de abril de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Acta

Asistentes:

Pola Asociación Provincial de Empresarios de Confitería y Pastelería de Lugo:

Manuel Martínez Expósito.

José Luis Fariñas Núñez.

Miguel Ángel Martín López.

Antonio José López Lorenzo.

Marcelino González González.

José Ramón Rodríguez Vázquez.

Marta Santos Penalonga.

Polas centrais sindicais:

-UGT (100%):

Fernando Teijeiro Valledor.

José Valcárcel Rodríguez.

-CIG (0%):

Mª Carmen Antas Pérez.

-CC.OO. (0%):

Luis Anxo Fernández Pena.

En Lugo, sendo as 17.30 horas do día 24 de marzo de 1998, reúnense nos locais da CEL as persoas relacionadas, todas elas integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo provincial para a elaboración de pastelería, confeitería e repostería de Lugo, adoptándose, logo de amplos debates, os seguintes acordos:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo provincial para a elaboración de pastelería, confeitería e repostería de Lugo para os anos 1996 e 1997, xunto coas táboas salariais, para o cal as partes contan coa capacidade legal suficiente, segundo se acredita coa acta de constitución da comisión negociadora.

Segundo.-Establécese, para o pagamento dos salarios ou atrasos a que haxa lugar como consecuencia do convenio aprobado, o prazo dun mes contado a partir da súa publicación no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Terceiro.-Remiti-lo texto do convenio colectivo referido á autoridade laboral competente para os efectos legais oportunos.

E en proba de conformidade, asinan a presente acta os arriba relacionados, en lugar e data sinalados no encabezamento.

Texto articulado do convenio colectivo provincial para a elaboración de pastelería, confeitería e repostería de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo afectará e vinculará a tódalas empresas e traballadores da cidade e provincia de Lugo, comprendidos no ámbito funcional da ordenanza laboral para as industrias de alimentación, aprobado por O.M. do 8 de xullo de 1975, que de dediquen á actividade de pastelería, confeitería e repostería.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación a toda a provincia de Lugo e cidade.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Quedan sometidos ás estipulacións deste convenio tódalas empresas e traballadores comprendidos no ámbito funcional da ordenanza laboral para as industrias de alimentación, do 8 de xullo de 1975, sempre que aquelas se dediquen á actividade indicada no artigo 1º.

Artigo 4º.-Entrada en vigor.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1996 e finalizará o 31 de decembro de 1997, con independencia da súa publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia, e terá que denunciarse cun mes de antelación a esa data.

Artigo 5º.-Comisión mixta paritaria.

Créase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio; o citado órgano -integrado por 5 representantes da asociación empresarial asinante, 3 da central sindical Unión Xeral de Traballadores, 1 da CIG e 1 de CC.OO. cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como o seu seguimento. No caso de non chegarse a acordo na dita comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e á xurisdicción competente.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras concedidas neste convenio teñen o carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas que as que aquí se conveñen, manténdoas ad personam en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 7º.-Retribucións.

O salario será, para cada un dos períodos, o que consta nos anexos deste convenio, e aplicarase con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de cada ano.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas afectadas por este convenio aboarán ós seus traballadores unha paga igual a unha mensualidade, incluída antigüidade, nas datas seguintes: 22 de decembro, 25 de xullo e 22 de marzo (paga de beneficios).

Artigo 9º.-Aumentos periódicos por tempo traballado.

Ó persoal comprendido no presente convenio seranlle aboados, desde a súa entrada na empresa, cuadrienios cunha porcentaxe que se fixará, para tódalas categorías profesionais, no 6% do salario base pactado, cun límite do 60% ou 10 cuadrienios; respectarase, non obstante, o establecido no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores.

A todo o persoal afectado polo presente convenio recoñeceráselle a cantidade que teña acreditada polo concepto de antigüidade ata a data da entrada en vigor do presente convenio.

Artigo 10º.-Vacacións.

O período de vacacións establécese en 30 días naturais.

Artigo 11º.-Axuda por xubilación e enfermidade.

Ó se produci-la xubilación ós 65 anos de idade dun traballador con antigüidade de máis de 10 anos, aboaráselle unha mensualidade do seu salario.

Os traballadores que se xubilen con máis de 10 anos de antigüidade na empresa percibirán, en caso

de que tanto a empresa como o traballador estivesen interesados na extinción do contrato de traballo por xubilación anticipada deste, unha gratificación equivalente ás seguintes contías en función da idade de xubilación:

64 anos: 2 mensualidades.

63 anos: 250.000 ptas.

62 anos: 300.000 ptas.

61 anos: 350.000 ptas.

60 anos: 400.000 ptas.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo máximo legal será de 40 horas semanais (de 7 a 14 horas).

Artigo 13º.-Servicio militar ou prestación social substitutoria.

O traballador ó que lle sexa suspendido o seu contrato de traballo por incorporación ó servicio militar ou prestación social substitutoria, deberá reincorporarse ó seu posto de traballo nos 30 días naturais seguintes, segundo establece o artigo 48.3º do Estatuto dos traballadores. No caso de que non fose readmitido pola empresa, deberá ser indemnizado de acordo co convenio vixente nese momento.

Artigo 14º.-Descanso.

Tódolos traballadores comprendidos neste convenio terán, como mínimo, día e medio de descanso ininterrompido.

Artigo 15º.-Garantías sindicais.

Os traballadores no seo da empresa terán dereito a se afiliaren libremente a calquera central sindical. As empresas non poderán exercer medidas coactivas nin realizar ningún acto ou toma de decisión sobre ningún traballador, encamiñadas a subordina-la afiliación sindical a un determinado sindicato. Os delegados de persoal e traballadores poderán utiliza-lo cadro de anuncios que se porá en tódalas empresas.

Artigo 16º.-Póliza de seguros de accidentes.

As empresas afectadas polo presente convenio estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ó seu cargo, unha póliza de seguro de accidentes que cubra -en caso de accidente de traballo, así declarado pola Seguridade Social- os riscos de falecemento e invalidez permanente; as contías da citada póliza será de 3.250.000 pesetas en caso de morte e 3.750.000 pesetas en caso de invalidez permamente nos graos de total, absoluta e gran invalidez.

A referida póliza, nas contías que se incrementan respecto ó convenio de 1995, unicamente se aplicará ós procesos iniciados, transcorridos trinta días desde a publicación do presente convenio colectivo de 1996-1997 no BOP de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social, mutualidade ou montepío.

Non obstante, a indemnización que se perciba con cargo ó seguro aquí convido considerarase como percibida a conta da indemnización que, se é o caso, puidesen declarar, con cargo ás empresas, os tribunais de xustiza, e compensaranse ata onde aquela non alcance.

Artigo 17º.-Modalidades de contratación.

O contrato de duración determinada regulado no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Estatuto dos traballadores poderá ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de catorce.

Artigo 18º.-Incapacidade temporal.

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social ata o 100% do salario de convenio nos casos e coa duración que se indica a seguir:

a) No suposto de que a situación de IT sexa como consecuencia de accidente de traballo ou enfermidade profesional, o complemento aboarase mentres dure a situación.

b) No suposto de IT derivada de enfermidade común e accidente non laboral, o complemento aboarase unicamente no suposto de que se produza hospitalización do traballador e mentres dure esta.

Artigo 19º.-Formación profesional.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Confiterías de Lugo igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afecten ó sector, co fin de colaborar tano nos que estean en marcha como nos que se poidan programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacional como regrada (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativos e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea, con vistas á entrada en vigor do Mercado 'Unico.

-Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Artigo 20º.-Comisión de seguridade e hixiene no traballo.

As partes asinantes acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de seguridade e hixiene no traballo, integrada por un representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación de Empresarios de Confiterías de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Ámbalas representacións comprométense a manter reunións periódicas, logo de convocatoria de calquera das partes con 15 días de antelación.

As funcións básicas da comisión de seguridade e hixiene terán como obxectivos prioritarios:

1. Promove-la observancia das disposicións legais vixentes para a prevención dos riscos profesionais no ámbito do sector.

2. Prestar asesoramento ós empresarios e traballadores para evitar e/ou reduci-los riscos que atenten contra a integridade física e saúde dos traballadores.

3. Dar a coñece-las normas e procedementos que en materia de seguridade e hixiene dicten os organismos especializados nesta materia.

4. Solicitar informes sobre os resultados estatísticos dos coñecementos médicos que se lles realicen ós traballadores deste sector.

Cantas outras funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da seguridade e hixiene no traballo no sector, na provincia de Lugo.

Disposición transitoria

Única.-De conformidade co que establece o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, e para o caso de que os traballadores con 64 anos cumpridos opten por se acolleren á xubilación co 100% dos dereitos, as empresas incluídas neste convenio obríganse a substituír a cada traballador que opte pola xubilación por outro traballador, inscrito como desempregado na correspondente oficina de emprego, mediante un contrato de duración mínima dun ano, formalizado por escrito e con expresión do nome do traballador a quen se substitúe.

Táboa salarial confeitería e pastelería

vixente durante 1996

Categoría profesionalSoldoRetr. anual

Encargado xeral108.5391.628.085
Mestre obrador104.1001.561.500
Oficial de 1ª96.5851.448.775
Oficial de 2ª90.0071.350.105
Axudante83.4681.252.020
Aprendiz de 16 a 18 anos (S.M.I. vixente)
Limpadora (ptas./hora)308

Táboa salarial confeitería e pastelería

vixente durante 1997

Categoría profesionalSoldoRetr. anual

Encargado xeral110.7101.660.650
Mestre obrador106.1821.592.730
Oficial de 1ª98.5171.477.755
Oficial de 2ª91.8071.377.105
Axudante85.1371.277.055
Aprendiz de 16 a 18 anos (S.M.I. vixente)
Limpadora (ptas./hora)314

4110