Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.054

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Galigrain, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo para a empresa Galigrain, S.A., que tivo entra

da nesta delegación provincial o día 29-4-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o 26-2-1998. De conformidade co disposoto no artigo 4 do convenio colectivo e no artigo 90. 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundidio da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión para a discusión do convenio colectivo de traballo para a empresa Galigrain, S.A. e os seus empregados

Acta

Comisión.

-Pola empresa:

Ceferino Nogueira García.

-Polos traballadores:

José María Pazos Acuña.

En Marín, sendo as doce horas do día vintesete de febreiro de mil novecentos noventa e oito, reúnense os arriba citados no domicilio social da empresa, co obxecto de chegar a un acordo sobre a revisión da táboa salarial do convenio colectivo asinado o pasado dez de agosto de mil novecentos noventa e sete.

Despois dun amplo cambio de impresións, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

1. A táboa salarial para o exercicio de 1998 será a que se reflicte na folla anexa, resultante de aplicarlle á de 1997 un 2,8% de incremento.

2. Modifica-lo artigo 23 do convenio colectivo indicado anteriormente, que queda redactado como segue:

Establécese un plus de transporte de carácter mensual por importe de 8.500 pts., que ten para tódolos efectos natureza indemnizatoria non salarial. Para o persoal eventual establécese un plus de transporte de xornada de 320 pesetas, que ten así mesmo para tódolos efectos natureza indemnizatoria non salarial.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando a presente acta, así como a táboa salarial anexa, os señores arriba mencionados.

-Pola empresa:

Ceferino Nogueira García

-Polos traballadores:

José María Pazos Acuña

ANEXO I

Grupos e categorías profesionais con táboa salarial.

Grupos e categorías

Salario

mensual

I. Grupo profesional de titulados
Titulado superior174.714
Titulado medio grupo A156.260
Titulado medio grupo B145.718

II. Grupo profesional de administrativos
Xefe de sección174.714
Xefe de negociado156.260
Oficial administrativo137.943
Auxiliar administrativo105.368

III. Grupo profesional de servicios operativos
Capataz xeral174.955
Capataz de operacións151.681
Xefe de mantemento145.718
Xefe de taller129.401
Encargado xeral118.680
Oficial de operacións108.400

IV. Grupo profesional de servicios varios
Almaceneiro114.123
Controlador114.123
Oficial de 1ª114.123
Carretilleiro108.400
Operador de guindastre108.400
Conductor de camión108.400
Oficial de 2ª108.400
Peón104.663
Persoal de limpeza92.042

Grupos e categorías

Salario

mensual

V. Grupo profesional de subalternos
Conserxe92.042
Cobrador92.042
Ordenanza92.042
Porteiro92.042
Vixilante92.042
Recepcionista92.042

4870