Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.239

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto con trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/LU/95.2 e dous máis.

a) Asistencias técnicas:

1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada LU-212, treito: Monterroso-Taboada.

Clave: N/LU/95.2.

Orzamento: cinco millóns sesenta mil cincocentas cinco pesetas (5.060.505).

Prazo de execución: 10 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante copias autenticadas das titulacións especificadas no prego de prescricións técnicas particulares para o delegado do consultor e para o persoal facultativo mínimo indicado nel.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo I, subgrupo 1, categoría A, a presentación dela ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados anteriormente.

2. Asistencia técnica ás expropiacións da estrada LU-111, camiño de Rábade a Cospeito, treito: Rábade-Cospeito.

Clave: N/LU/91.10.

Orzamento: catro millóns setecentas cincuenta mil catrocentas setenta e catro pesetas (4.750.474).

Prazo de execución: 10 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante copias autenticadas das titulacións especificadas no prego de prescricións técnicas particulares para o delegado do consultor e para o persoal facultativo mínimo indicado nel.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo I, subgrupo 1, categoría A, a presentación dela ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados anteriormente.

3. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento das estradas LU-644 e LU-643, treito: Rubián-Laiosa e Bóveda-Cruz do Incio.

Clave: N/LU/95.3

Orzamento: tres millóns trescentas corenta mil trescentas trinta e tres pesetas (3.340.333).

Prazo de execución: 10 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante copias autenticadas das titulacións especificadas no prego de prescricións técnicas particulares para o delegado do consultor e para o persoal facultativo mínimo indicado nel.

Non obstante, de posuí-lo licitador clasificación vixente como grupo I, subgrupo 1, categoría A, a aportación dela ou a constancia rexistral de tal extremo eximirá da presentación dos documentos mencionados anteriormente.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescripcións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que no coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións realizaraá a mesa de contratación, ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

P.D.(Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

4265