Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.271

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 27 de maio de 1998 pola que se aproban os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstas no Regulamento de máquinas recreativas e de azar aprobado polo Decreto 106/1998, do 12 de febreiro.

A disposición derradeira primera do Decreto 106/1988, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, prevé a aprobación mediante orde esta consellería dos modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstos neste regulamento.

Na súa virtude e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbanse os modelos normalizados de solicitudes e autorizacións previstos no Decreto 106/1998, do 12 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar, publicados nos anexos I ó XXV da presente orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998.

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5383