Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.303

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais de admitidos e excluídos do procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de mestres poidan adquirir novas habilitacións.

Para lle dar cumprimento na forma máis adecuada ó disposto no número 10 da Orde do 16 de abril de 1998 (DOG do 28 de abril), pola que se convoca procedemento para que os funcionarios de carreira do corpo de mestres poidan adquirir novas habilitacións, esta dirección xeral resolveu:

1. Facer pública no anexo I a relación de aspirantes admitidos que solicitaron tomar parte no mencionado procedemento.

2. No prazo de dez días a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, os interesados poderán interpoñe-las reclamacións previstas no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico da administracións públicas e do procedemento administrativo común, de acordo co disposto na sección cuarta, número 11, da orde de convocatoria.

Estas reclamacións interpoñeranse na mesma Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria na que o solicitante presentou a súa solicitude de admisión.

3. No prazo de cinco días naturais contados desde o momento do remate do prazo establecido para as reclamacións no número anterior, as delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria remitirán á Dirección Xeral de Persoal relación detallada das reclamacións presentadas, con indicación da procedencia ou non de acceder a elas.

4. O feito de figurar na relación de solicitantes non prexulga que se dean por válidas as condicións persoais do interesado que o lexitimen para participar no procedemento, xa que a Administración neste momento non se pronunica sobre a súa validez, senón que a súa consignación no modelo de instancia ten un simple valor indicativo, polo que o interesado actúa neste procedemento baixo a súa responsabilidade estricta e absoluta.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

5035