Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 18 de xuño de 1998 Páx. 6.821

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 152/1998, do 15 de maio, polo que se establecen as condicións para o exercicio do mergullo profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 106, do día 4 de xuño de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 6.120, artigo 3º, apartado H), punto 2, onde di: «Efectuar intervencións hiperbáricas e subacuáticas ata a profundidade de 60 metros, con aire e nitróxeno», debe dicir: «Efectuar intervencións hiperbáricas e subacuáticas ata a profundidade de 60 metros, con aire e mesturas binarias de nitróxeno e osíxeno (nitrox)».

-Na páxina 6.121, artigo 6º, punto 3, onde di: «Superar exame psicotécnico de aptitude para a práctica de mergullo profesional», debe dicir: «Superar exame psicotécnico de aptitude para a práctica do mergullo profesional».

-Na páxina 6.121, artigo 7º, último parágrafo, onde di: «Para renovala será preciso cumpri-lo requisito 2 do artigo 6º e, se é o caso, o 7º do citado artigo», debe dicir: «Para renovala será preciso cumpri-lo requisito 2 do artigo 6º e, se é o caso, o 7 do citado artigo».

-Na páxina 6.122, no apartado 6.1.3, onde di: «Mergullador profesional de 20 clase restrinxido», debe dicir: «Mergullador profesional de 2ª clase restrinxido».

-Na páxina 6.122, no apartado 6.1.4, onde di:«Mergullador profesional de 20 clase», debe dicir:«Mergullador profesional de 2ª clase».

-Na páxina 6.122, no apartado 6.1.5, onde di: «Mergullador profesional de 10 clase», debe dicir: «Mergullador profesional de 1ª clase».

5629