Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 19 de xuño de 1998 Páx. 6.865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de maio de 1998 pola que se autoriza o cesamento de actividades no centro privado Nuestra Señora de los Dolores, da Coruña.

Examinado o expediente incoado polo centro privado Nuestra Señora de los Dolores da Coruña en solicitude de cesamento de actividades no dito centro.

Resultando que o antedito centro privado obtivo autorización para dúas unidades de preescolar.

Vistos o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización dos centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Visto o informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Autoriza-lo cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do devandito centro.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña

Código do centro: 15004836.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Enderezo: Praza do Comercio, 7.

Denominación: Nuestra Señora de los Dolores.

Titular: CEP Nuestra Señora de los Dolores.

Autorización do cesamento de actividades do centro.

5268