Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.074

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros do convenio colectivo do sector da carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Vista a publicación do texto do convenio colectivo para o sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns, da provincia de Pontevedra, que foi publicado no Diario Oficial de Galicia nº 86 do 7-5-1998, e no BOP nº 64, do 3-4-1998, e advertido erro-lapso mecanográfico, por canto no artigo 16º do texto publicado ó final do apartado 1 do artigo 16º se omitiu e debe constar a frase: «A xornada ordinaria semanal será de 40 horas distribuídas de luns a venres». Ó teor do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais,

ACORDA:

Rectifica-lo erro material producido na publicación do devandito convenio colectivo, na forma explicitada, publicándose a presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP, en galego e castelán, e con comunicación ás partes.

Vigo, 29 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

5900