Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Venres, 26 de xuño de 1998 Páx. 7.277

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para o pagamento do prezo xusto por expropiación e imposición de servidume de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52455).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49, 50 e 51 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-lo día 16 de xullo de 1998 para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., proceda ós pagamentos dos prezos xustos e xuros dos predios números 32, 33 e 92 ás 12 horas, nas oficinas da Casa do Concello de Vimianzo e dos predios números 29, 30 e 31 ás 13 horas, na Casa do Concello de Zas, por expropiación e impo

sición de servidume de paso da liña eléctrica a 20 kV, desde a subestación de Vimianzo ata a subestación de Esto en Cabana de Bergantiños (expediente 52455), ós interesados propostos pola citada empresa como titulares dos predios afectados, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

A Coruña, 9 de xuño de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

5993