Vistas as peticións de prórroga das concesións que se citan no anexo, resulta:
Antecedentes de feito:
1º Por orde do Ministerio de Comercio do 7 de outubro de 1975 (BOE nº 254/75), outórganse 930 concesións administrativas para a instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa, a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables por petición dos interesados.
Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 228/84), outórgase concesión administrativa a Antonio Luis Otero González para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo-terrestre de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.284 m, a precario y por un plazo de 10 años, prorrogables por petición do interesado.
2º Mediante Decreto 158/1991, do 16 de maio, declárase de interese marisqueiro e urxente execución a revisión e reordenación dos citados parques de cultivo, co obxecto de proceder a unha regularización da situación de feito existente, á revisión das circunstancias de titularidade dos parques e á oportuna reordenación que adecúe a súa situación e superficie a unha explotación máis racional dos recursos.
3º Aprobada a fase de revisión do citado proceso por resolución da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura do 26 de decembro de 1995, cómpre proceder ó inicio da fase de reordenación, da cal xurdirán as novas concesións, para o que resulta inescusable desestimar, neste momento do proceso, tales peticións de prórroga.
Fundamentos xurídicos:
1º Este órgano é competente para resolver tales peticións de conformidade co disposto no R.D. 3318/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de pesca e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.
2º Tendo en conta que o prazo de vixencia das concesións administrativas que amparan os citados parques expirou, e que de conformidade co disposto no apartado C do artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, as concesións extinguiranse polo vencemento do prazo de outorgamento sen que se solicitase e se concedese prórroga.
Por todo o anterior, esta consellería facendo uso das súas atribucións e competencias, acorda denega-las prórrogas solicitadas e proceder de confor
midade co artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, á extinción das concesións relacionadas no anexo á presente orde.
A presente orde esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpo-lo correspondente recurso contencioso- administrativo perante a orde xurisdiccional competente, no prazo de 2 meses contados desde o seguinte á publicación desta orde, tal e como establece a Lei da xurisdicción contencioso-administrativa.
Disposición derradeira
A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1998.
P.O. (17-12-1997, DOG nº 246, do 22)
Juan José Álvarez Pérez
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura
ANEXO
1. Orde do 7 de outubro de 1975 pola que se outorgan 930 concesións administrativas para instalación doutros tantos parques de cultivo de moluscos na zona do Carril, distrito marítimo de Vilagarcía de Arousa.
nº Concesionario m
Parcela
15 Luis Otero Sanes 848 48 Ramón Blanco Casas 1.079 52 Joaquina Baltar Teijeiro 1.453 109 José Mollinedo Longo 197 172 Manuel Martínez Pereira 53 177 José Luis Abelenda Gómez 21 182 Carmen Vilas Caamaño 53 206 Luis Iglesias Mariño 115 216 Lucas Martínez Canaval 117 330 Manuel Fabeiro Pardo 30 337 Carmen Fabeiro Cardalda 54 341 Constantino Silva Ramos 42 346 Manuel Abad Argibay 58 337 Carmen Fabeiro Cardalda 54 367 María Cardalda Fuengueiriño 21 378 Salvador Abalo Patiño 59 406 Aurita Cerviño Conde 26 409 Aurita Cerviño Conde 280 423 Carmen Cardalda Fungueiriño 51 443 Flora Franco Boullosa 64 454 Luisa Conde Maneiro 211 457 Luisa Conde Maneiro 168 461 Flora Ríos del Río 56 483 Carlos Rivas Fernández 69 486 Carmen Cardalda Fungueiriño 40 495 Carmen Cardalda Fungueiriño 34 557 Andrés González Pérez 444 564 José Santos Cal 256 575 Antonio Rodríguez Vicente 160 582 Ventura Muñiz Maneiro 136 588 Rodrigo Crespo García 451 637 Adolfo Alonso Nine 451 640 Adolfo Alonso Nine 357 696 José Cancelo Bugallo 43 706 María Mariño Franco 120 709 Lorenzo López Suárez 353 722 Luis Otero Sanes 165 728 Francisco Franco Boullosa 142 781 Joaquín y Carmen Barreiro Castaño 790 782 Ramón Cores Fernández 437 830 Josefa González Domínguez 57 850 Rosalina Rubio Ferreiros 590 854 Manuel Mollinedo Veloso 259
nº Concesionario m
Parcela
Cambio de dominio a favor de José Ramón Quintáns
Suárez (DOG nº 111/89) Cambio de dominio a favor de José Ramón Quintáns
Suárez (DOG nº 111/89) Cambio de dominio a favor de José Ramón Quintáns
Suárez (DOG nº 111/89) Cambio de dominio a favor de José G. Portas Martínez
e Ángel Maneiro Chaves (DOG nº 92/85)859 Ramón Quintáns Santos
60 862 Estrella Barreiro Gómez 176 878 Manuel Mollinedo Veloso 205 887 Ramón Quintáns Santos
88 908 Ramón Quintáns Santos
1.259 915 Andrés Villanueva Núñez 113 926 José Luis Oliveira Maneiro
825
2. Por Orde do 29 de outubro de 1984 (DOG nº 228/84), outórgase concesión administrativa a Antonio Luis Otero González para instalar un parque de cultivo de ameixas e berberecho no distrito marítimo-terrestre de Vilagarcía de Arousa, cunha ocupación de 1.284 m a precario e por un prazo de 10 anos, prorrogables a petición do interesado.
nº Concesionario m
Parcela
15A Antonio Luis Otero González (Exp. 5529) 1.284
5518

