Debido a que existe a vontade de establecer un convenio de colaboración entre a Unión Europea,
a Xunta de Galicia e algunhas ONGD, co fin de levar a cabo un proxecto de desenvolvemento integral nun país en vías de desenvolvemento, considérase conveniente proceder a minora-la contía global destinada a estas axudas en vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas.), para facer fronte achega que a Xunta de Galicia, xunto coas outras partes implicadas, destinará a este proxecto,
DISPOÑO:
Artigo único.-Modifícase o artigo 17 da Orde do 28 de abril de 1998 pola que se regula a concesión de axudas a ONGD para a execución de proxectos, minorándose a contía global sinalada en vinte millóns de pesetas (20.000.000 de ptas.)
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1998.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración
Pública
6234

