Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.
Enderezo social: Tte. Xeral Gómez Zamalloa, 9-1º (Est. 6), 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. a C.T. Teixoeira.
Situación: Laracha.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 1.136 m de lonxitude en conductor LA-30 que parte da L.M.T. Cillobre-Regado-Proame e final no C.T. Teixoeira e derivación ó C.T. de Braña de Cardois, municipio de Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 20 de maio de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
5163

