Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Mércores, 15 de xullo de 1998 Páx. 8.035

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (82/1998).

Eu, José Manuel Silvisa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, Fago saber, que neste xulgado se segue expediente de dominio por instancia de Mª del Rosario Barral Lugo, José Manuel Barral Lugo e Jesús Barral Lugo, representados polo procurador Rainiero Fernández Pérez, sobre os seguintes predios:

Primeiro. Predio nº 190 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Bendaña, municipio de Touro, labradío e monte no sitio de Eira de Rendo, que linda: norte, Ramón Rendo Lopez (191); sur, Consuelo Lugo Rodríquez (189); leste, camiño e oeste, Francisco Javier Fenollera Velón (192). Ten unha extensión superficial de 36 áreas e 96 centiáreas. Está libre de cargas.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa, predio nº 15317, folio 203, tomo 526, libro 77 de Touro, a nome de Manuel Rendo López , casado, sen fillos, falecido en Montevideo, Uruguai, o día 10 de marzo de 1962.

Segundo. Predio nº 191 do plano da zona de concentración parcelaria de Bendaña, municipio de Touro, labradío e monte no sitio de Eira de Rendo, concello de Touro, cuha superficie de 53 áreas e 63 centiáreas. Está libre de cargas.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Arzúa, predio nº 15318, folio 204, tomo 526 , libro 77 de Touro, a nome de Ramón Rendo López.

Por providencia do 4 de maio de 1998 admitiuse a trámite a demanda, ó terse cumpridos os requisitos legais, téndose acordado cita-las persoas hoxe ignoradas, ás que puidese prexudica-lo expediente de dominio, co fin de que dentro dos dez días seguintes poidan comparecer ante este xulgado para alega-lo que no seu dereito conveña.

E para que lles sirva de emprazamento ás persoas en ignorado paradoiro ás que puidese prexudica-lo expediente de dominio, expido o presente edicto que asino en Arzúa o quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

6110