Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Venres, 31 de xullo de 1998 Páx. 8.928

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da construcción de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo do sector da construcción (código nº 3200155) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense, e, da parte social, polas centrais sindicais, FEMCA-UGT e FECOMA-CC.OO., todas elas con capacidade e lexitimidade suficiente para asinalo, na xuntanza celebrada o 11 de xuño de 1998, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 19 de xuño de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para o sector da construcción da provincia de Ourense para o período abranguido entre o un de xaneiro e o trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e oito

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación e obrigado cumprimento nas seguintes actividades:

a) As dedicadas á construcción e obras públicas, que abranguerán:

-Albanelería.

-Formigón.

-Pintura para decoración e empapelado.

-Carpintería de armar.

-Embaldosado e sollado.

-Empedrado e lastrado.

-Escultura, decoración e escaiola.

-Estucado e revocado.

-Pedra e mármore, incluíndose as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual.

-Portlandista de obra.

-Pocería.

-Canteiras, graveiras, areeiras e a explotación e manufactura de terras industriais, ben explotadas a ceo aberto, galerías ou minas e vetas explotadas para uso propio polas empresas dedicadas principalmente á construcción e obras públicas en xeral, aínda que a producción non sexa absorbida totalmente por elas.

-Canteiras, graveiras e areeiras, a materia das cales se destine á construcción e obras públicas e non sexan explotadas directamente por empresas constructoras.

-Os traballos que se realicen nos portos en terra firme, peiraos e diques.

-Fabricación de elementos auxiliares e materias da construcción para a súa exclusiva ou preferente utilización e consumo, absorbéndose nas propias obras toda ou a maior parte da dita producción.

-Rexeneración de praias.

-Movemento de terras.

-Carpintería utilizada polas empresas de construcción, ben sexa nas obras ou nos seus talleres; sen embargo, non lles será de aplicación este convenio a aqueles talleres de carpintería que, aínda traballando con elementos para a construcción, non pertenzan a empresas deste ramo.

-Colocación de artigos de pedra artificial, pulimentada ou sen pulimentar, así como a súa fabricación a pé de obra para a utilización exclusiva desta.

-Fornecemento e saneamento de augas, colocación de tuberías e elementos accesorios destas; apertura e peche de gabias e as súas reparacións, incluíndo as que se realizan para calquera clase de instalación, de subministracións, tales como gas, teléfonos, eléctricas, cando sexa empregado, principalmente, persoal de construcción e obras públicas.

-A construcción de canizos e ceos rasos.

-As empresas inmobiliarias, incluídas as cooperativas de vivendas.

-As empresas dedicadas ó estudio, proposta e construcción de obras públicas particulares (estradas, viaductos, túneles, autoestradas, pasos elevados) ou simplemento á realización das obras indicadas.

-A promoción ou execución de urbanizacións.

-A promoción da edificación de inmobles de calquera xénero.

-Empresas dedicadas a cimentacións e as que realicen sondaxes para a construcción principalmente.

-Empresas que teñen como principal actividade o aluguer de máquinas e equipo para a construcción co persoal para o seu manexo.

-Empresas de rehabilitación, mantemento e demolición de obras.

-Talleres de fabricación de ferralla, que teña como destino principal a construcción.

b) Embarcacións, artefactos flotantes e ferrocarrís auxiliares de obras de portos.

c) Canteiras, areeiras, graveiras e a explotación de terras industriais.

d) O comercio da construcción maioritario e exclusivista.

e) A conservación e mantemento de autoestradas, autovías estrada e vías férreas.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios laborais nas empresas descritas no artigo anterior e ós que sexan contratados durante a vixencia deste convenio, tanto nas empresas establecidas como naquelas que poidan establecerse. Igualmente, afectará a todos aqueles traballadores que, prestando servicios laborais nunha empresa ourensá, se despracen fóra da provincia.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio substitúe e anula os anteriores acordos vixentes, entrando en vigor o día da súa publicación no BOP de Ourense.

Terá efectos económicos retroactivos ó 1 de xaneiro de 1998. A cotización dos atrasos á Seguridade Social farase conxuntamente coa do mes correspondente ó da data do cobro efectivo por parte dos traballadores, quedando condicionada ó referido aboamento efectivo. As diferencias económicas deberán ser aboadas, se é o caso, dentro dos quince días seguintes ó da publicación deste convenio.

Os traballadores que extinguisen o seu contrato de traballo con anterioridade ó asinamento do presente convenio, terán igual dereito ó cobro dos referidos atrasos.

Artigo 4º.-Duración.

O presente convenio terá unha duración anual, estendéndose desde o 1º de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro de 1998. Denunciado o convenio, e mentres non se logre acordo expreso, perderán vixencia soamente as súas cláusulas obrigacionais, e manterase en vigor o seu contido normativo.

Artigo 5º.-Compensación, absorción e garantía ad personam.

Os traballadores que con anterioridade ó asinamento deste convenio viñesen desfrutando de mellores condicións cás aquí pactadas, conservaranse na súa totalidade e, en consecuencia, serán absorbidas por este se as condicións deste convenio, consideradas globalmente e en cómputo anual, superan as citadas melloras.

Artigo 6º.-Lexislación complementaria.

No non previsto neste convenio observarase o que dispoñan as demais fontes do dereito, respectando o seu principio xerárquico.

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Constitúese no día de hoxe o comité paritario, composto por dous representantes sindicais e dous representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense, e que ten como cometido a interpretación e seguimento do presente convenio.

Os acordos deste comité terán a mesma eficacia cá cláusula que fose interpretada. Como membros integrantes deste comité, e por parte das centrais sindicais, desígnanse como titulares:

Por UGT: Javier Carreiro Vázquez.

Por CC.OO.: Rafael López de la Torre.

E pola Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense:

José Antonio Pérez Fernández.

Cesáreo Fernández Ríos.

A comisión deberá reunirse, polo menos, unha vez ó trimestre, e o seu funcionamento realizarase no xeito que esta acorde.

Artigo 8º.-Funcións e procedementos da comisión paritaria.

1. A comisión paritaria a que se refire o artigo anterior, terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento do cumprimento do presente convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) Por instancia dalgunha das partes, mediar ou intentar conciliar, se é o caso, e logo do acordo destas e por solicitude delas, arbitrar en cantas ocasións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

d) Entender, de forma previa e obrigatoria á vía administrativa e xurisdiccional, nos termos previstos no número 2 deste artigo sobre a presentación de conflictos colectivos que xurdan pola aplicación e interpretación do presente convenio.

e) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia práctica do presente convenio ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

2. Como trámite que será previo e preceptivo a toda actuación administrativa ou xurisdiccional que se promova, as partes signatarias do presente convenio obríganse a poñer en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral puideran presentarse en relación coa interpretación e aplicación del, sempre que sexan da súa competencia conforme o establecido no apartado anterior, co fin de que mediante a súa intervención se resolva o problema presentado ou, se iso non fora posible, emita dictame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no seguinte apartado 5 sen que emitise resolución ou dictame.

3. Sen prexuízo do pactado no apartado 3 do artigo 20 do CXSC, establécese que as cuestións propias da súa competencia que se promovan ante a comisión paritaria adoptarán a forma escrita e o seu contido será o suficiente para que poida examinar e analiza-lo problema co necesario coñecemento de causa, e deberá ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda que asisten ó propoñente.

c) Proposta ou petición concreta que se formule á comisión.

Ó escrito-proposta xuntaránselle cantos documentos se entendan necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

4. A comisión poderá solicitar, por vía de ampliación, canta información ou documentación considere pertinente para unha mellor ou máis completa información do asunto, e para este efecto concederá un prazo ó propoñente que non exceda de cinco días hábiles.

5. A comisión paritaria, unha vez recibido o escrito-proposta ou, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a vinte días hábiles para resolve-la cuestión suscitada ou, se iso non fora posible, emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen producirse resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdiccional competente.

6. As partes asinantes asumen o contido íntegro do acordo sobre solución extraxudicial de conflictos laborais (ASEC) e do seu regulamento de aplicación, publicados no BOE do 8 de febreiro de 1996, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do convenio xeral do sector da construcción (CXSC), co alcance previsto no propio ASEC.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

Durante a vixencia do presente convenio establécese unha xornada laboral anual de 1.764 horas para 1998.

Establécese unha xornada laboral de corenta horas semanais de traballo efectivo, distribuídas en oito

horas diarias de luns a venres, ámbolos dous incluídos.

Para axusta-lo calendario laboral anual no presente exercicio de 1997, fíxanse como días non laborais o luns de Entroido. Segundo acordo recollido no convenio provincial do sector do ano 1997, 20 de marzo (os traballadores que non desfruten esta data desfrutarán o vindeiro 1º de xuño), 9 de outubro, 24 de decembro, 31 de decembro.

Logo do acordo entre empresa e traballador, as ditas datas poden ser permutadas por outras.

Os dous días e medio restantes (20 horas) para a adaptación á xornada anual de 1.764 horas quedarán á libre disposición da empresa. Se o día 15 de novembro de 1998 non se concederan nin estivesen fixados estes dous días e medio, desfrutaríanse o 20 de novembro, 27 de novembro e media xornada do 4 de decembro.

Estes días así establecidos non computarán para efecto do desfrute das vacacións.

Artigo 10º.-Soldo base e remuneración total.

Segundo o anexo I.

Artigo 11º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia para os traballadores das categorías II e XIV con rendemento normal e que non teñan ningunha falta de asistencia ó traballo non xustificada (importe segundo o anexo I).

Artigo 12º.-Perda do plus de asistencia.

A primeira xornada non traballada completa suporá a perda de catro días do plus; a segunda, a perda de dez días do plus, e a terceira, a perda total.

As faltas inxustificadas computaranse dentro de cada mes natural, e para determina-lo plus de asistencia diario divídese entre vintecinco a cantidade que consta na táboa de remuneracións.

A perda deste plus é independente das sancións que poidan ser impostas segundo a normativa vixente.

Artigo 13º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte que se lles aboará a tódolos traballadores, calquera que sexa a distancia que separa o centro de traballo do seu domicilio. Será satisfeito única e exclusivamente en xornada completa realmente traballada.

Este plus non cotizará Seguridade Social nin accidente de traballo.

Artigo 14º.-Incrementos económicos.

Para o ano 1998, e tal como se recolle no anexo I, aplícase un incremento económico do dous con corenta por cento (2,40%) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e pluses salariais e extrasalariais.

Artigo 15º.-Cláusulas de garantía salarial.

Para o ano 1998, no suposto de que o incremento anual do IPC o 31-12-1998 supere o dous con vinte por cento (2,20%), efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

Establécese unha axuda de custo igual para tódolos traballadores de 2.951 ptas. diarias, e unha media axuda de custo de 1.255 ptas. diarias. Non obstante, pódese substituí-los ditos importes pola fórmula, que de común acordo debe establecerse, de gastos para xustificar.

Artigo 17º.-Antigüidade consolidada.

Como consecuencia do acordo sectorial nacional da construcción sobre o concepto económico de antigüidade asinado o 18 de outubro de 1996 (BOE do 21 de novembro) xa incorporado ó presente convenio provincial, as dúas partes asinantes asumen os seguintes compromisos:

a) Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tiveran dereito, polo complemento persoal de antigüidade, o 21 de novembro de 1996.

Ó importe anterior así determinado adicionaráselle, se é o caso, a cada traballador que xa viñera percibindo contía por este concepto, o importe equivalente á parte proporcional de antigüidade que o traballador tivera devengada e non cobrada o 21 de novembro de 1996, calculándose por defecto ou por exceso, por anos completos. Para o cálculo dos importes desta parte de antigüidade devengada e non cobrada teranse en conta os importes que para cada categoría e nivel fixe o convenio.

b) Os importes obtidos, ó abeiro do previsto na letra a) manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa, extinguíndose xuntamente coa extinción do contrato do traballador afectado coa súa empresa. O dito complemento retributivo ad personam reflectirase nos recibos oficiais de salario coa denominación de antigüidade consolidada.

Artigo 18º.-Prima de casado.

A todo traballador fixo que leve como mínimo seis meses de servicio na empresa e que contraia matrimonio, outorgaráselle unha gratificación por matrimonio de cinco mil pesetas.

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

Ó persoal afecto por este convenio seralle entregada pola empresa unha peza de roupa de traballo ou funda e un par de botas normais e adecuadas ó centro de traballo e cada seis meses, sendo obrigatorio o seu uso cando o traballo así o requira.

As ditas pezas de roupa son propiedade en todo momento da empresa e o traballador estará obrigado ó seu bo uso e conservación. As empresas poderán facer constar nelas os seus nomes, anagramas e actividades. O incumprimento da dita entrega suporá o aboamento de cincocentas pesetas mensuais ó traballador.

Artigo 20º.-Indemnización-compensación en caso de accidente laboral e hospitalización.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, en caso de accidente laboral, hospitalización ou enfermidade profesional, percibirán durante o período de IT ou hospitalización, se é o caso, e por conta da empresa, a diferencia entre a cantidade fixada pola Seguridade Social e o importe do salario líquido que viña percibindo unha mensualidade normal, ou de hospitalización, ou de enfermidade profesional, reciba o cento por cento do seu salario mensual normal.

Artigo 21º.-Indemnizacións.

Establécese a seguinte indemnización para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente absoluta e gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional: 5.500.000 ptas.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaránselle á viúva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

A referida póliza só abranguerá os procesos iniciados a partir da súa vixencia e validez.

Esta indemnización é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou mutualidade.

Non obstante o anterior, a indemnización pagada con cargo ás pólizas de seguros de accidente terá a consideración de entregas a conta das indemnizacións que no seu día fixen os xulgados e tribunais de xustiza por sentencia definitiva e firme, e que sexan por conta da empresa.

Artigo 22º.-Permisos e licencias.

Concederánselle-las seguintes licencias retribuídas ós traballadores que o soliciten e xustifiquen nos seguintes casos:

-Os sinalados no convenio xeral do sector da construcción.

-Dous días naturais por casamento de fillos.

-O tempo necesario, xustificado, por asistencia médica.

Artigo 23º.-Cesamento dos traballadores.

O persoal que cese incumprindo o requisito de comunicarllo á empresa con oito días de antelación, perderá as remuneracións dos días que non avise previamente.

A dita comunicación deberá facela verbalmente ou por escrito, con obriga por parte da empresa de expedi-lo xustificante correspondente.

Artigo 24º.-Repercusión en prezos.

A comisión deliberadora do convenio, por unanimidade, considera e declara que as melloras establecidas nel producen un incremento salarial que eleva os gastos de man de obra e que por isto deben ser repercutibles nos prezos, tanto nas obras contratadas con calquera das administracións como con particulares.

Artigo 25º.-Seguridade e hixiene.

O traballador terá dereito a acudir a cursos de seguridade e hixiene e que teñan relación directa coa actividade do empregador. Empresa e traballadores poranse de acordo na forma de materializar esta participación, conxugando o dereito destes últimos e os intereses da primeira. En caso de que non se chegue ó dito acordo, serán vinculantes as instruccións e criterios da dita Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene.

Por outro lado, as partes asinantes acordan mante-la súa presencia na Comisión Provincial de Seguridade e Hixiene no Traballo, así como buscar tódolos mecanismos posibles para unha mellora xeral das condicións de seguridade e hixiene para o traballador.

Serán funcións desta comisión:

-Solicitar do Ministerio de Traballo e da Xunta de Galicia o recoñecemento oficial como interlocutor social secdtorial en materia de seguridade e hixiene, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de plans e medidas formativas.

-Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistralidade no sector, que subministrarán as comisións específicas provinciais ou, no seu defecto, as comisións paritarias dos convenios.

-Promover cantas medidas consideren tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxectivo estende-la preocupación pola aseguridade e hixiene a tódolos niveis, fomentando campañas de sensibilización, etc.

-Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións con eficacia adecuada.

-Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

Artigo 26º.-Desgaste de ferramentas.

Establécese unha indemnización por desgaste de ferramentas para aqueles traballadores ós que non lles sexan facilitadas pola empresa, indemnización que se fixa en 31 ptas. por cada día de traballo efectivo para os niveis VII, VIII e IX e de 21 ptas. para os niveis X e XI.

A empresa determinará os casos particulares de achega de ferramentas polo traballador.

Artigo 27º.-Entrega das copias básicas dos contratos.

A obrigatoriedade da entrega da copia básica dos contratos realizarase conforme a Lei 2/1991, do 7 de febreiro.

Artigo 28º.-Formación continua.

Para aqueles traballadores que asistan a accións formativas presenciais, correspondentes á convocatoria da FORCEM 1998, xestionadas pola Fundación Laboral da Construcción, o 50% das horas que precise esa acción será dentro da xornada laboral, ou serán deducidas dela na dita porcentaxe, sempre que se dean as seguintes condicións:

a) A empresa poderá denega-la asistencia dun traballador a unha acción formativa, mediante resolución motivada, por razóns técnicas, organizativas ou de producción. En caso de denegación, o traballador poderá recorrer ante a comisión territorial da FLC.

b) Os traballadores que poden asistir ás accións formativas recollidas neste artigo, non superarán anualmente o 10% dos cadros de personal nin, naqueles centros de traballo con menos de 10 traballadores, poderá concorrer máis dun.

c) O 50% das horas por conta da empresa suporá un máximo anual de 20 horas por traballador, e poderán distribuírse nunha ou varias accións formativas.

d) O traballador solicitante deberá ter superado o período de proba e ter, en todo caso, unha antigüidade mínima dun mes na empresa.

e) Durante as horas formativas por conta da empresa o traballador terá dereito ó salario que lle correspondería como se estivese traballando en xornada ordinaria.

f) O traballador deberá acreditar ante a empresa a asistencia á correspondente acción formativa.

g) Os permisos individuais de formación recollidos no II Acordo Nacional de Formación Continua rexerase polo disposto nel.

Artigo 29º.-Ingreso no traballo.

1. A admisión do persoal efectuarase de acordo coas disposicións vixentes na materia e en ningún caso antes de que o traballador cumprise 16 anos.

2. As empresas están obrigadas a rexistrar na oficina pública de emprego no prazo dos dez días seguintes á súa concertación, os contratos celebrados por escrito ou a comunicar, en igual prazo, as con

tratacións efectuadas aínda que non exista obriga legal de formalizalas por escrito.

Artigo 30º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizarlles ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son adecuados á categoría profesional e ó posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional e antes da súa admisión na empresa, será sometido a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo achegar para iso a documentación necesaria e asinar nel.

Artigo 31º.-Recoñecementos médicos.

Sen prexuízo de cantas obrigas e criterios se establecen, en canto á vixilancia da saúde no artigo 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, as partes acordan:

1. A empresa estará obrigada a realizar recoñecemento médico previo á admisión e recoñecementos médicos periódicos a tódolos traballadores ó seu servicio, polo menos unha vez ó ano.

Os recoñecementos periódicos posteriores ó da admisión serán de libre aceptación para o traballador, se ben por requirimento da empresa deberá asina-la non aceptación cando non desexe someterse ós ditos recoñecementos.

2. En tódolos casos, o recoñecemento será adecuado ó posto de traballo de que se trate.

3. A comisión paritaria sectorial de seguridade e saúde estudiará no futuro a posibilidade e conveniencia de establece-los aspectos mínimos que deba comprender todo recoñecemento médico.

Tamén estudiará a forma de evita-la repetición de recoñecementos médicos a un mesmo traballador nun mesmo ano, por cambio de empresa, unha vez que se implante a cartilla profesional.

4. Serán por conta exclusiva da empresa os custos dos recoñecementos médicos e nos xornais, ademais, os gastos de desprazamento orixinados por eles.

Artigo 32º.-Período de proba.

1. Poderá concertarse por escrito un período de proba que, en ningún caso, poderá exceder de:

a) Técnicos titulados superiores e medios: 6 meses.

b) Empregados:

Niveis III, excepto titulados medios, IV e V: 3 meses.

Niveis VI ó XI: 2 meses.

Resto do persoal: 15 días naturais.

c) Persoal operario:

Encargados e capataces: 1 mes.

Resto do persoal: 15 días naturais.

2. Durante o período de proba o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fora de cadro de persoal, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de previo aviso e sen que ningunha das partes teña dereito a ningunha indemnización, debéndose comunicar o desestimento por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados para efectos de permanencia na empresa.

4. Os titulares da cartilla profesional expedida pola Fundación Laboral da Construcción, con contrato fixo de obra ou outra modalidade de contrato temporal, estarán exentos do período de proba para os traballos da súa categoría profesional, sempre que conste na cartilla profesional ter acreditado o seu cumprimento en calquera empresa anterior.

Artigo 33º.-Contratación.

O ingreso ó traballo poderá realizarse de conformidade con calquera das modalidades de contratación reguladas no Estatuto dos traballadores, disposicións complementarias e no convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 34º.-Contrato fixo do cadro de persoal.

Este contrato é o que concertan empresario e traballadores para a prestación laboral deste na empresa por tempo indefinido. Esta será a modalidade normal de contratación que realizará o empresario e traballadores en tódolos centros de traballo de carácter permanente.

Artigo 35º.-Contrato para traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustarase a algún destes supostos:

1. Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e rematará cando finalicen os traballos de oficio e categoría do traballador na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulatina das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría

deberá comunicárselle por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso previo por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso previo omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

2. Non obstante o anterior, o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa, e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia, sempre que exista acordo expreso para cada un dos distintos centros sucesivos, durante un período máximo de tres anos consecutivos, sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento ó traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixado no parágrafo anterior. Cumprido o dito período, se non mediase comunicación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo do cadro de persoal. En canto ó aviso previo de cesamento, haberá que aterse ó pactado no parágrafo terceiro do alínea 1.

3. Se se producira a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario e allea á súa vontade, tras dar conta a empresa á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no número 1, a excepción do aviso previo. A representación dos traballadores do centro, ou no seu defecto, a comisión paritaria provincial, disporán, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación, contado desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecerlle de novo un emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desapareceran. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo do acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluírse no regulado no número 2.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

4. En tódolos supostos regulados nos apartados anteriores, establécese unha indemnización por cesamento, do 4,5 % calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, devengados durante a vixencia do contrato.

Artigo 36º.-Outras modalidades de contratación.

1. Os traballadores que formalicen contratos dos regulados no Real decreto 2546/1994, ou norma que o substitúa, ou formalizaran contratos de fomento de emprego dos regulados polo Real decreto 1989/1984, con anterioridade á súa derrogación,

exceptuando o contrato de fixo de obra regulado no artigo anterior, terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización de carácter non salarial por cesamento do 7 %, se a duración fora igual ou inferior a 365 días e do 4,5 % se a duración fora superior a 365 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicable devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formalizaranse sempre por escrito.

2. O contrato de duración determinada previsto na alínea 1.b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores, poderá concertarse para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, tendo unha duración máxima de doce meses nun período de dezaoito meses, computándose a dita duración desde que se produza a causa que xustifica a súa celebración. En tales supostos, considérase que se procure a causa que xustifica a celebración do citado contrato, nos casos previstos no Estatuto dos traballadores, cando se incremente o volume de traballo ou se considere necesario aumenta-lo número de persoas que realicen un determinado traballo ou presten un servicio.

3. As empresas afectadas por este convenio, cando utilicen os servicios de traballadores con contratos de posta á disposición, aplicarán as condicións pactadas nas táboas salariais do convenio.

Artigo 37º.-Conversión de contratos temporais en indefinidos.

De conformidade coa remisión á negociación colectiva contida na alínea 2 b) da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase que a partir do 16 de maio de 1998 os contratos de duración determinada ou temporal, incluídos os contratos formativos, poderán ser convertidos en contratos para o fomento da contratación indefinida suxeitos ó réxime xurídico establecido na expresada disposición adicional.

Artigo 38º.-Contrato para a formación.

1. O sector recoñece a importancia que o contrato para a formación pode ter para a incorporación, con adecuada preparación, de determinados colectivos de mozos. Esta preparación debe recoller tanto o aspecto práctico de cada oficio como o coñecemento e adecuación ó sistema educativo xeral. Debemos por iso indica-la oportunidade de que a formación, teórica e práctica, correspondente ós contratos de aprendizaxe se leve a cabo a través das institucións formativas de que se dotou o sector.

2. O contrato para a formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado ou dun posto de traballo no sector da construcción.

3. Sen prexuízo da posible adaptación a novas tecnoloxías e a resultas da clasificación profesional actualmente prevista no seu artigo 32º, poderán ser

obxecto deste contrato para a formación os oficios incluídos nos niveis VIII e IX da disposición transitoria primeira do CXSC.

4. O contrato para a formación poderase celebrar con traballadores que cumprisen os 16 anos e menores de 21 anos que non teñan a titulación requirida para formalizar contrato para a formación no oficio ou posto obxecto de aprendizaxe ou aprobado algún curso de formación profesional ocupacional homologado da mesma especialidade e cun número de horas teóricas equivalente ou superior ás previstas para a aprendizaxe.

5. O tipo de traballo que debe prestar baixo a modalidade de formación estará directamente relacionado coas tarefas propias do oficio ou mantemento dos utensilios e ferramentas empregados no labor conxunto, coa dilixencia correspondente á súa aptitude e coñecementos profesionais.

Non poderán ser contratados baixo esta modalidade por razón de idade, os menores de 18 anos para os oficios de vixilante, poceiro e esteador, nin aquelas tarefas que expresamente fosen declaradas como especialmente tóxicas, penosas, perigosas e insalubres, con independencia da prohibición legal de realizar horas extraordinarias e traballo nocturno en calquera actividade.

6. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses nin exceder de tres anos.

Cando se celebre por un prazo inferior ó máximo establecido no parágrafo anterior, poderá prorrogarse antes do seu remate por acordo entre as partes, unha ou máis veces, por períodos non inferiores a seis meses, sen que o tempo acumulado incluído ó das prórrogas, poida exceder do referido prazo máximo. O aviso previo de finalización do contrato deberá axustarse ós prazos e forma que indica a normativa de vixente aplicación.

Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

7. Para a impartición do ensino teórico, adoptarase como modalidade a de acumulación de horas nun día da semana ou ben o necesario para completar unha semana enteira de formación. No contrato deberase especifica-lo horario de ensino. A formación teórica do contratado baixo a modalidade de formación fíxase nun 15% da xornada.

Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación a máis dunha hora de viaxe ou máis de 50 km, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

O empresario, no contrato de traballo, está obrigado a designa-la persoa que actuará como titor do aprendiz, que deberá ser aquela que polo seu oficio ou posto cualificado desenvolva a súa actividade auxiliada por este, podendo asumi-las titorías o propio empresario, sempre que desenvolva a súa acti

vidade profesional na mesma obra có aprendiz.

8. Tódalas accións de formación teórica previstas para os aprendices serán financiadas con cargo ó acordo tripartito de formación continua dos traballadores ocupados. Para tal efecto, o oportuno plan sectorial de formación recollerá a desagregación de partidas e apartados correspondentes á formación en aprendizaxe.

9. A retribución dos contratos será a seguinte:

Táboas salariais de contratos para a formación:

De 16 e 17 anos:

1º ano 55%.

2º ano 60%.

De 18 a 21 anos:

1º ano 65%.

2º ano 70%.

Porcentaxes referidas ó salario do nivel IX das táboas de cada convenio.

A dita retribución enténdese referida a unha xornada do 100% de traballo efectivo.

10. O plus extrasalarial regulado no artigo 64 do CXSC devengarano os contratados en formación en igual contía có sinalado no respectivo convenio colectivo provincial para o resto dos traballadores, durante os días que dure o contrato.

11. Toda situación de incapacidade temporal do contratado para formación inferior a seis meses, comportará a ampliación da duración do contrato por igual tempo a aquel no que o contrato estivese suspendido.

12. Se concluído o contrato, o aprendiz non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da aprendizaxe e do aproveitamento, que ó seu xuízo, obtivo o aprendiz na súa formación práctica.

Así mesmo, o traballador contratado para a formación terá dereito a unha indemnización por cesamento do 4,5% calculado sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

A Fundación Laboral da Construcción, a través dos seus centros propios ou colaboradores, dará a cualificación a través das probas correspondentes, previamente homologadas, tanto do aproveitamento teórico como práctico e decidirá o seu pase á categoría de oficial.

Artigo 39º.-Subcontratación.

As empresas que subcontraten con outras do sector a execución de obras ou servicios, responderán ante os traballadores das empresas subcontratistas nos termos establecidos no artigo 42 do Estatuto dos traballadores, quedando referido o límite de responsabilidade da dita disposición ás obrigas de natureza

salarial e cotizacións á Seguridade Social derivadas do convenio colectivo aplicable ó nace-la dita responsabilidade ou ás derivadas do seu contrato de traballo, se foran superiores.

Así mesmo, estenderase a responsabilidade á indemnización de natureza non salarial por morte ou incapacidade permanente absoluta derivadas de accidente de traballo ou enfermidade profesional pactada no convenio aplicable.

A empresa deberá establecer baixo a súa responsabilidade nos centros de traballo en que presten servicio traballadores de empresas subcontratistas, os mecanismos de coordinación adecuados para a prevención de riscos, información sobre estes, e en xeral, a canto se relacione coas condicións de seguridade e saúde dos traballadores, así como hixiénico-sanitarias.

Artigo 40º.-Traballo por tarefa, axustado ou por unidade de obra, con primas á producción ou con incentivo.

1. Caracterízanse estes sistemas por pór en relación directa a retribución coa producción do traballo, con independencia, en principio, do tempo investido na súa realización un por ter como obxectivo a consecución dun rendemento superior ó normal.

2. O traballo a tarefa consiste na realización, por xornada dunha determinada cantidade de obra ou traballo.

Se o traballador remata a tarefa antes de concluí-la xornada diaria, a empresa poderá ofrecerlle, e este aceptar ou non, entre continuar prestando os seus servicios ata a terminación da xornada, ou que abandone o traballo, dando por concluída esta.

No primeiro caso, a empresa deberá aboa-lo tempo que medie entre a terminación da tarefa e a conclusión da xornada diaria, como se se tratase de horas extraordinarias, pero sen que se computen estas para o efecto do límite fixado para estas no artigo 35.2º do Estatuto dos traballadores e sen que poida esixirse durante o dito período un rendemento superior ó normal.

3. Nos traballos axustados ou por unidade de obra e para efectos da súa retribución, só se atende á cantidade e calidade da obra ou traballo realizado, pagándose por pezas, medidas, anacos, conxuntos ou unidades determinadas, independentemente do tempo investido na súa realización, se ben pode estipularse un prazo para a súa terminación, e neste caso, deberá terminarse dentro del, pero sen que poida esixirse, neste caso, un rendemento superior ó normal.

4. Nos traballos que se presten á súa aplicación, poderán establecerse primas á productividade ou incentivos, de tal forma que ós maiores rendementos que se acaden no traballo, correspondan uns ingresos que garden, respecto dos normais, polo menos, a mesma proporción cá dos ditos rendementos en relación cos normais.

5. Se en calquera dos sistemas previstos neste artigo, o traballador non acadase o rendemento previsto por causa non imputable á empresa, nin ó traballador, este terá dereito, polo menos, ó salario fixado para a súa categoría profesional no convenio colectivo aplicable, máis dun 25%.

6. Previamente á súa implantación ou revisión colectivas destes sistemas, en canto supoñen casos incluídos nos supostos de feito do artigo 64.1.4º.d) ou e) do Estatuto dos traballadores, deberá solicitárselles, se é o caso, ós representantes legais dos traballadores o informe a que o dito precepto se refire, e que deberán estes emitir no prazo improrrogable de 15 días estando suxeitas as ditas implantacións ou revisións ó disposto no artigo 41 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 41º.-Discreción profesional.

Como manifestación dos deberes xerais de colaboración e boa fe que rexen a prestación de traballo, o traballador está obrigado a mante-los secretos relativos á explotación e negocios da empresa.

Artigo 42º.-Deberes do empresario.

En relación coa prestación de traballo, o empresario está obrigado a facilitarlles ós traballadores cantos medios sexan precisos para a adecuada realización do seu cometido, así como os medios de protección necesarios para efectos da súa seguridade e saúde no traballo e velar polo uso efectivo deles e, en xeral, a respecta-los dereitos laborais dos traballadores establecidos no artigo 4 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 43º.-Reclamacións dos traballadores.

Sen prexuízo do dereito que asiste os traballadores de acudiren e presentaren as súas reclamacións ante a autoridade administrativa ou xurisdiccional competente, poderán presentalas ante a empresa en que presten servicio, a través dos seus representantes legais ou os seus xefes inmediatos.

As empresas tratarán de resolver estas reclamacións no prazo máis breve posible, co obxecto de evitar ou reduci-la súa presentación formal nas mencionadas instancias.

Artigo 44º.-Ascenso, procedemento.

Os ascensos suxetaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou especial confianza, será de libre designación e revogación pola empresa.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, a empresa establecerá sistemas de carácter obxectivo, tendo en conta a formación, méritos e permanencia do traballador na empresa e poderán tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñada función de superior categoría profesional.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, as cales deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar.

Artigo 45º.-Recuperación de horas non traballadas.

O 70% das horas non traballadas por interrupción da actividade, debido a causas de forza maior, accidentes atmosféricos, inclemencias do tempo, falta de subministracións, ou calquera outra causa non imputables á empresa, recuperaranse a razón dunha hora diaria nos días laborables seguintes, logo da comunicación ós traballadores afectados e, se é o caso, ós seus representantes legais no centro de traballo.

No suposto de que a referida interrupción acade un período de tempo superior a vintecatro horas efectivas de traballo, haberá que aterse ó disposto en materia de suspensión do contrato, por causa de forza maior, no CXSC.

Artigo 46º.-Devengo das percepcións económicas.

1. O salario base devengarase durante tódolos días naturais, polos importes que, para cada categoría e nivel, establezan os convenios colectivos de ámbito inferior.

2. Os pluses salariais do convenio devengaranse durante os días efectivamente traballados, polos importes que, para cada categoría e nivel, fixen os convenios colectivos de ámbito inferior.

3. Os pluses extrasalariais de convenio devengaranse durante os días de asistencia ó traballo, polos importes que fixen os convenios colectivos de ámbito inferior.

4. As pagas extraordinarias devengaranse por días naturais, na seguinte forma:

a) Paga de xuño: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

b) Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

5. A remuneración anual mencionada comprenderá tódalas percepcións económicas pactadas en cada convenio, por nivel e categoría profesional.

De acordo coas formas de devengo, a remuneración anual virá dada pola seguinte fórmula:

RA = SB x 335 + [(PS + PE) x (Número de días efectivos de traballo)] + Vacacións + PX + PN.

Sendo:

RA = remuneración anual.

SB = salario base.

PS = pluses salariais.

PE = pluses extrasalariais.

PX = paga de xuño.

PN = paga de Nadal.

Artigo 47º.-Pagamento das percepcións económicas.

1. Tódalas percepcións, excepto as do vencemento superior ó mes, aboaranse mensualmente, por períodos vencidos e dentro dos cinco primeiros días hábiles do mes seguinte ó do seu devengo, aínda que o traballador terá dereito a percibir quincenalmente anticipos de contía non superior ó 90% das cantidades devengadas.

2. As empresas destinarán ó pagamento a hora inmediatamente seguinte á finalización da xornada ordinaria, nas datas habituais de pagamento. Cando por necesidades organizativas se realice o pagamento dentro da xornada laboral, esta interrromperase e prolongarase despois do horario de traballo polo tempo investido no pagamento, sen que en ningún caso tal prolongación poida exceder en máis dunha hora.

3. O tempo investido no pagamento de retribucións e anticipos por conta delas, quedará exento do cómputo da xornada laboral, considerándose como de simple permanencia no centro de traballo e, por tanto, non retribuído a ningún efecto.

4. As empresas quedan facultadas para paga-las retribucións e anticipos a conta deles, mediante cheque, transferencia ou outra modalidade de pagamento, a través de entidade bancaria ou financeira. Se a modalidade de pagamento fora o cheque, o tempo investido no seu cobramento será por conta do traballador.

5. O traballador deberá facilitarlle á empresa, no momento do seu ingreso ou incorporación a ela, o seu número de identificación fiscal (NIF), de conformidade coa normativa aplicable ó respecto.

Artigo 48º.-Gratificacións extraordinarias.

O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes do día 15 de cada un deles.

As ditas pagas extraordinarias non se devengarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 49º.-Proporcionalidade de devengo das pagas extraordinarias.

O importe das pagas extraordinarias para o persoal que, en razón da súa permanencia, non teña dereito á totalidade da súa contía, será rateado conforme os seguintes criterios:

a) O persoal que ingrese ou cese no transcurso de cada semestre natural, devengará a paga en proporción ó tempo de permanencia na empresa durante este.

b) Ó persoal que cese no semestre respectivo, faráselle efectiva a parte proporcional da gratificación no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

c) O persoal que preste os seus servicios en xornada reducida ou a tempo parcial, devengará as pagas extraordinarias en proporción ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 50º.-Traballos excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos.

1. Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, deberá aboárselles un incremento do 20% sobre o seu salario base. Se estas funcións se efectuaran durante a metade da xornada ou en menos tempo, o plus será do 10%.

2. As cantidades iguais ou superiores ó plus fixado neste artigo que estean establecidas ou establezan as empresas, serán respectadas sempre que foran concedidas polos conceptos de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, e neste caso non será esixible o aboamento dos incrementos fixados neste artigo. Tampouco estarán obrigadas a satisface-los citados aumentos aquelas empresas que os teñan incluídos, en igual ou superior contía, no salario de cualificación do posto de traballo.

3. Se por calquera causa desapareceran as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os indicados incrementos, non tendo por tanto carácter consolidable.

4. En caso de discrepancia entre as partes sobre se un determinado traballo, labor ou actividade, debe cualificarse como excepcionalmente penoso, tóxico ou perigoso, correspóndelle á autoridade xudicial resolve-lo procedente.

5. As partes asinantes recoñecen a importancia que ten para o conxunto do sector a progresiva desaparación deste tipo de traballos ou, cando menos, a reducción ó mínimo posible das condicións de penosidade, toxicidade ou perigosidade que repercutan na saúde dos traballadores, tendo, en calquera caso, estes traballos carácter transitorio e conxuntural.

Artigo 51º.-Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis da mañá, percibirá un plus de traballo nocturno equivalente ó 25% do salario base da súa categoría.

Se o tempo traballado polo período nocturno fose inferior a catro horas, aboaráselle o plus sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboaráselle o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas e en calquera delas se traballe soamente unha hora do período nocturno,

non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

Artigo 52º.-Realización de horas extraordinarias.

As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza serán voluntarias de acordo coas disposicións vixentes, excepto as que teñan a súa causa en forza maior.

Artigo 53º.-Horas extraordinarias estructurais.

1. Considéranse horas extraordinarias estructurais as motivadas por pedidos ou puntas de producción ou por calquera circunstancia de carácter estructural que altere o proceso normal de producción.

2. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, agás nos supostos de forza maior, non excederá de 2 ó día, 20 ó mes ou 80 ó ano.

Artigo 54º.-Retribución das horas extraordinarias.

1. Os importes das horas extraordinarias para cada unha das categorías ou niveis, determínanse, en táboa anexa, nos convenios colectivos de ámbito inferior a este.

2. As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempos equivalentes de descanso.

3. No suposto de que se realizara a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se compensarán para os efectos dos límites fixados para elas no artigo anterior.

Artigo 55º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio xeral, sexa cal for a súa modalidade de contratación laboral terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración, iniciándose, en calquera caso, o seu desfrute en día laborable que non sexa venres.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só terá dereito ó desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cese durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamento do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa.

4. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal for a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase este se ó vencemento del o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia que

puidera existir entre a retribución de vacacións e a prestación da incapacidade temporal.

5. Unha vez inciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobrevén a situación de incapacidade temporal, a duración dela computarase como días de vacación, sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia que puidera existir entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de incapacidade temporal.

Se a incapacidade temporal se producira despois de pactada a data de inicio para o desfrute individual de vacacións e antes de chega-la dita data, o traballador manterá o dereito a desfruta-las vacacións ata o transcurso do ano natural, acordándose un novo período de desfrute despois de producida a alta da incapacidade temporal.

O parágrafo anterior non será de aplicación nos supostos de vacacións colectivas de todo un centro de traballo.

6. O desfrute das vacacións, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

7. A retribución de vacacións consistirá na cantidade fixa establecida nas táboas salariais que contén o anexo I.

Artigo 56º.-Locomoción.

Serán por conta da empresa os gastos de locomoción que se orixinen como consecuencia da situación de desprazamento, xa sexa poñendo medios propios á disposición do traballador, xa aboándolle a compensación de 20 ptas. por quilómetro.

Cando o persoal desprazado, que poida volver pasa-la noite á súa residencia habitual tivera que empregar, como consecuencia dun desprazamento, máis dunha hora en cada unha das viaxes de ida e volta ó lugar de traballo, desde o centro de traballo correspondente, utilizando medios ordinarios de transporte, o exceso aboaráselle á prorata do salario do convenio.

Artigo 57º.-Finiquitos.

1. O recibo de liquidación da relación laboral entre empresa e traballador deberá ser conforme o modelo que figura como anexo II deste convenio.

2. Toda comunicación de cesamento ou de aviso previo de cesamento, deberá ir xunto cunha proposta de liquidación no modelo citado. Cando se utilice como proposta, non será preciso cubri-la parte que figura despois da data e lugar.

3. O recibo de liquidación será expedido pola Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense (ACO), numerado, selado e datado e terá validez unicamente dentro dos quince días naturais seguintes á data en que foi expedido. A ACO estará obrigada a levar un rexistro que conteña os datos anteriormente expresados.

4. Unha vez asinado polo traballador, o recibo de liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.

5. Nos supostos de extinción de contratos por vontade do traballador, non serán de aplicación os números 2 e 3 deste artigo.

6. O traballador poderá estar asistido por un representante dos traballadores, ou no seu defecto, por un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio, no acto do asinamento do recibo de liquidación.

Artigo 59º.-Integración social de minusválidos.

Para os efectos do previsto no artigo 38.1º da Lei 13/1982, do 7 de abril, de integración social de minusválidos, e tendo en consideración que as actividades e traballos nas obras comportan riscos para a saúde e seguridade dos traballadores, o cómputo do 2 % realizarase sobre o persoal adscrito a centros de traballo permanente.

Artigo 60º.-Xubilación.

Recoñécense tres clases distintas de xubilación:

A) Xubilación voluntaria anticipada.

1. Os traballadores que cumpriran sesenta e tres anos e non teñan sesenta e cinco cando soliciten a xubilación e esta sexa posible, terán dereito, sempre que reúnan os requisitos establecidos na alínea nº 2 á percepción das indemnizacións que se establecen a seguir, en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa.

Antigüidade naIdadeMeses

empresaimdemnización

2 a 5 632

6 a 10 3

11 a 20 4

21 a 30 5

Máis de 30 6

2 a 5 641

6 a 10 2

11 a 20 3

21 a 30 4

Máis de 30 5

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extraordinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito, son os seguintes:

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre empresa e traballador xubilable. O acordo reflectirase por escrito, establecendo claramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda en cada caso, segundo a táboa anterior, comprometerá o empresario a dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que lle faltase ó xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos. A contratación do traballador substituto deberá facerse segundo unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada momento, pola lexislación vixente, e á súa vez, cos seguintes condicionamentos:

a) Que non exista na empresa persoal fixo de cadro de persoal dispoñible, en expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida. O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá ser comunicado de inmediato, se é o caso, ós representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituto farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expec

tativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trate.

4. No caso de que a indemnización pactada entre empresa e traballador xubilable fose superior á anteriormente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituto poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

B) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Haberá que aterse ó disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

C) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector, con independencia das dúas clases de xubilación a que se refiren as alíneas inmediatamente precedentes, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, agás pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

ANEXO I

Táboa de retribucións para o período 1-1-1998 ó 31-12-1998

N

I

CategoríasMensualPagas extrasAnualHoras

V

E L

Soldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total

mes

Xuño

Nadal

Vacacións

extras

IITitulado superior103.38126.3521.154130.887123.116123.116123.1161.102
IIITitulado medio, xefe Admtvo.

1ª, xefe Sec. Org. 1ª

102.92325.8991.144129.966122.756122.756122.7561.102
IVXefe de persoal, Axte. de obra, encargado xeral de fábrica, Encargado xeral102.42325.3921.134128.949122.359122.359122.3591.102
VXefe Admtvo. de 2ª, delineante superior, encargado Xral. de obra, xefe Sec. Org. científica do traballo de 2ª, xefe de compras101.95924.9401.124128.023121.999121.999121.9991.102
VIOficial de 1ª Admtvo. delineante de 1ª, encargado de obradoiro, encargado Sec. laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico org. 1ª101.46124.4351.114127.010121.604121.604121.6041.102
VIIDelineante de 2ª, técnico Org. de 2ª, práctico topografía de 2, analista de 1ª, viaxante, capataz, especialista de oficio.99.63322.6071.081123.321120.165120.165120.1651.048
VIIIOficial Admtvo. de 2ª, corredor de praza, oficial 1ª de oficio, inspector de control sinalización e servicios, analista98.25621.2321.055120.543119.114119.114119.1141.017
IXAuxiliar Admtvo., Axte. topográfico, auxiliar de Org., vendedores, Conserxe, Oficial 2ª de Oficio98.83919.8111.032117.682117.966117.966117.966978

N

I

CategoríasMensualPagas extrasAnualHoras

V

E L

Soldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total

mes

Xuño

Nadal

Vacacións

extras

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda-xurado, axudantes de oficio, especialistas de 1ª95.42218.3951.005114.822116.852116.852116.852923
XIEspecialistas de 2ª, peóns especializados94.00816.979980111.967111.474111.474114.474887
XIIPeóns ordinarios, limpador/a92.54615.518959109.023113.327113.327113.327853
XIIIMozos dos recados e pinches de 16 a 18 anos59.1767.10358166.86061.26961.26961.269
XIVTraballadores en formación53.7524.98351559.25056.10056.10056.100

Axuda de custo: 2.951Media axuda de custo: 1.255

Nota: as categorías que se indican, cunha antigüidade na empresa anterior á data de sinatura do presente convenio, rexeranse para efectos económicos polos seguintes niveis: nivel VII: oficial Admvo. 2ª, nivel VIII: auxiliar Admvo., nivel V: encargado de obradoiro.

ANEXO II

MODELO DE RECIBO DE LIQUIDACIÓN DA RELACIÓN LABORAL

Data de expedición

RECIBO DE LIQUIDACIÓN

D./Dª

Que traballou na empresa

desdeatacoa categoría

de

declaro que recibín desta, a cantidade de

pesetas, en concepto de liquidación total pola miña baixa na empresa.

Quedo así indemnizado e liquidado por tódolos conceptos que puideran derivarse da relación laboral que unía as partes e que queda extinguida, manifestando expresamente que nada máis teño que reclamar, estando de acordo niso coa empresa.

En, adede

O traballadores

O traballador (1)usa do seu dereito a que este na sinatura un representante legal seu na empresa, ou no seu defecto un representante sindical dos sindicatos asinantes do presente convenio.

(1) SI ou NON

Este documento ten unha validez de 15 días naturais contados desde a data da súa expedición.

Expedido por

Selo e firma

Este recibo non terá validez sen o selo e sinatura da organización empresarial correspondente ou se se formaliza en fotocopia ou outro medio de reproducción.

6211