De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona resolución de pleno dereito do contrato de aceso diferido da súa vivenda.
Contra a devandita resolución, e de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 30/1992, poderase interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 3 de xullo de 1998.
Rosa Gallego Neira
Xefe da Área Provincial Accidental do Instituto Galego da vivenda e Solo da Coruña
ANEXO
Expediente: C-2-CD/68.
Conta: 1666.
Nome: Pura Fidalgo Hermida.
Último domicilio coñecido: polígono de Caranza, bloque 22, 11º D de Ferrol.
Data resolución: 30 de xuño de 1998.
7088

