Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 03 de setembro de 1998 Páx. 9.955

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 agosto de 1998 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de xullo de 1998, polo que se aproba definitivamente e se declara de utilidade pública para os efectos expropiatorios o plan sectorial de infraestructuras para a ecoplanta de Vilaboa e os proxectos sectoriais que o desenvolven: proxecto de ecoplanta de Vilaboa; proxecto de desviación da vía férrea Redondela-Santiago de Compostela ós puntos quilométricos 13/400 ó 14/275 para o aparcamento de Figueirido; proxecto de anexos ó parque empresarial de Bértola e proxecto de conexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola.

O plan sectorial de infraestructuras para a ecoplanta de Vilaboa e os proxectos sectoriais que o desenvolven: proxecto de ecoplanta de Vilaboa; proxecto de desviación da liña férrea Redonde

la-Santiago de Compostela ós puntos quilométricos 13/400 o 14/275 para o aparcamento de Figueirido; proxecto de anexos ó parque empresarial de Bértola e proxecto de conexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola, foron declarados de incidencia supramunicipal para os efectos previstos na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xaneiro de 1998, no que tamén se determinou que o órgano competente para a súa tramitación é a Consellería de Medio Ambiente.

Por Resolución do 9 de febreiro de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da devandita consellería (Diario Oficial de Galicia nº 33, do 18 de febreiro), sometéronse á información pública os citados plans e proxectos que o desenvolven; e tamén se deu audiencia ós concellos de Vilaboa e Pontevedra, sobre os que estes inciden.

Unha vez realizado o informe da Consellería de Medio Ambiente sobre as alegacións presentadas nos anteriormente sinalados trámites de información pública e audiencia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xullo de 1998, adoptou o acordo de aprobar definitivamente e declarar de utilidade pública para os efectos expropiatorios o plan sectorial de infraestructuras para a ecoplanta de Vilaboa e os proxectos sectoriais que o desenvolven: proxecto de ecoplanta de Vilaboa; proxecto de desviación da vía férrea Redondela-Santiago de Compostela ós puntos quilométricos 13/400 ó 14/275 para o aparcamento de Figueirido; proxecto de anexos ó parque empresarial de Bértola e proxecto de conexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola.

Coa finalidade de dar cumprimento ó disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, ordénase a publicación do devandito acordo, que se insire a continuación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 1998.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de xullo de 1998, polo que se aproba definitivamente e se declara de utilidade pública para os efectos expropiatorios o plan sectorial de infraestructuras para a ecoplanta de Vilaboa e os proxectos sectoriais que o desenvolven: proxecto de ecoplanta de Vilaboa; proxecto de desviación da vía férrea Redondela-Santiago de Compostela ós puntos quilométricos 13/400 ó 14/275 para o aparcamento de Figueirido; proxecto de anexos ó parque empresarial de Bértola e proxecto de conexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 17 de xullo de 1998, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente e declarar de utilidade pública para os efectos expropiatorios o plan sectorial de infraestructuras para a ecoplanta de Vilaboa e os proxectos sectoriais que o desenvolven: proxecto de ecoplanta de Vilaboa; proxecto de desviación da vía férrea Redondela-Santiago de Compostela ós puntos quilométricos 13/400 ó 14/275 para o aparcamento de Figueirido; proxecto de anexos ó parque empresarial de Bértola e proxecto de conexión ós servicios externos para o parque empresarial de Bértola, declarados de incidencia supramunicipal por acordo do 30 de xaneiro de 1998, de conformidade co disposto no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

8063