Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.005

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (394/1995).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 394/1995 se segue xuízo de faltas sobre agresión, no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 1 de xullo de 1998.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 394/1995, seguidos por agresión, sendo parte denunciante Laura Mellado Luri, maior de idade e aparecendo como parte denunciada Jesús Prieto Pereira, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Jesús Prieto Pereira da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para interpor no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que lle sirva de notificación en forma ó denunciante: Laura Mellado Luri, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o nove de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

6893