Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1998 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, dun contrato de elaboración do proxecto e execución da obra para a realización dun edificio administrativo de nova planta no Centro de Granitos de Galicia do Porriño (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 12/98.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución da obra para a realización dun edificio administrativo de nova planta no Centro de Granitos de Galicia do Porriño (Pontevedra).

3. Prazo de execución: o prazo de execución finaliza o 30 de novembro de 1999, en todo caso, antes do 30 de novembro de 1998, teranse realizados traballos debidamente xustificados por importe de 27.500.000 pesetas.

4. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: cincuenta e sete millóns cincocentas mil pesetas (57.500.000 pesetas).

6. Garantías:

Provisional: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domiclio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 57 34 69.

8. Data límite de obtención e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

9. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo 2, categoría c.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente de tramitación urxente ó abeiro do disposto no artigo 72 da LCAP.

11. Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

13. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995 da LCAP.

14. Admisión de variantes: non se admiten.

15. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º andar.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Hora: dez horas.

16. Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 1998.

P.D. (Orde 18-5-1994 DOG nº 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

8093