Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente P-259-97 incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG 8-1-1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente). Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa de Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro por la vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial de Lugo, Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

Lugo, 10 de agosto de 1998.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: P-259/97.

Denunciado: Delmiro González Otero.

DNI: 34.930.400.

Enderezo: Vista Fermosa, 6-1º D-Edificio Piedra (Ourense).

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana nunha zona hábil para o efecto, cebando as augas con penso granulado. Feitos constatados o día 28-11-1997, no río Miño, encoro de Belesar-marxe dereita-paraxe de Sabadelle.

Precepto sancionador: artigo 34.14º da Lei 7/1992.

Cualificación: menos grave.

Sanción: 50.001 ptas. de multa.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.

7888