Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1998 pola que se rectifica o orzamento do concurso, con procedemento aberto, para a contratación dos servicios complementarios para o funcionamento das instalacións deportivas municipais.

Anúnciase o incremento do orzamento do concurso para a contratación dos servicios complementarios para o funcionamento das instalacións deportivas municipais, ó non incluírse no inicial o gasto pola prestación do servicio de vixilancia, ascendendo agora á cantidade de 81.707.524 pesetas (IVE incluído), segundo acordo da Comisión de Goberno adoptado o 24 de agosto de 1998.

Rectifícanse, xa que logo os anuncios de licitación publicados (DOG do 17 de agosto de 1998 e BOP

do 19 de agosto de 1998) e o prego de cláusulas administrativas particulares no referente ó orzamento de licitación, manténdose integramente as demais condicións que figuran no citado prego.

O prazo de vinteseis días naturais para a presentación de proposicións interrómpese, comezando a contar novamente a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de agosto de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

8119