Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.019

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GOMESENDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Gomesende (Ourense).

2. Obxecto do contrato.

-Execución das obras de abastecemento e saneamento en Arnoiaseca e outros.

-Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 8.758.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Na Casa do Concello de Gomesende (Sobrado). Teléfono: 988 48 50 00 ata o día en que remate o prazo de presentación das proposicións.

7. Presentación das ofertas.

As ofertas presentaranse no propio concello ou mediante os sistemas admitidos pola lexislación

vixente, na forma prevista no prego de condicións, e no prazo dos trece días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

8. Apertura das proposicións económicas.

Na Casa do Concello, ás trece horas do cuarto día hábil seguinte (excepto sábados) ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

9. Modelo de proposición.

Expediente de contratación das obras de...

Don/Dona..., con domicilio en..., número..., DNI..., en nome propio (ou en representación de...) informado/a da convocatoria para a contratación de referencia, fai constar:

A) Que está en plena posesión da súa capacidade de obrar; non está incurso en ningunha prohibición para contratar coa Administración, reúne os requisitos de solvencia económica, financeira e técnica necesarios para o efecto e dispón da clasificación requirida.

B) Que acepta cantas obrigas se derivan do prego de condicións e se compromete a cumpri-lo contrato con estricta suxeición á normativa aplicable.

C) Outras circunstancias.

C.1. Comprométese a executa-las obras polo prezo total de pesetas... (en letra e número).

C.2. Ofrece as seguintes melloras, de conformidade co previsto no prego:... (detallar).

(Lugar, data e sinatura do/a propoñente).

Gomesende, 24 de agosto de 1998.

Radigundo Castro Fernández

Alcalde

8120