Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 22 de setembro de 1998 Páx. 10.531

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1825/1998, do 28 de agosto, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de execución da lexislación sobre propiedade intelectual.

A Constitución española, no artigo 149.1.9º, resérvalle ó Estado a competencia exclusiva en materia de lexislación sobre propiedade intelectual.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no artigo 29.2º que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a execución da lexislación do Estado en materia de propiedade intelectual.

Os reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo, 2434/1982, do 24 de xullo, e 1531/1989, do 15 de decembro, operaron o traspaso de funcións e servicios en materia de cultura á Comunidade Autónoma de Galicia.

O actual artigo 144 do texto refundido da Lei da propiedade intelectual, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, na enumeración dada a este polo número 4 do artigo da Lei 5/1998, do 6 de marzo, e o Real decreto 733/1993, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual teñen establecido un modelo rexistral descentralizado que supón unha nova adecuación deste; a súa posta en funcionamento débese levar a cabo conxuntamente entre as diferentes administracións públicas competentes. Para iso, o Ministerio de Educación e Cultura considerou necesario adecua-los medios xa traspasados ás comunidades autónomas.

O Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, determina as normas e o procedemento a que se deben axusta-los traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomóa para Galicia, esta comisión adoptou na súa reunión do día 23 de xullo de 1998, o oportuno acordo, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas, e logo de deliberación do

Consello de Ministros na súa reunión do día 28 de agosto de 1998,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de execución da lexislación sobre propiedade intelectual, adoptado polo Pleno da dita comisión, na súa sesión do día 23 de xullo de 1998 e que se transcribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios, así como os medios persoais e os créditos orzamentarios que se relacionan no referido Acordo da Comisión Mixta, nos termos alí especificados.

Artigo 3º

O traspaso a que se refire este real decreto terá efectividade a partir da data sinalada no Acordo da Comisión Mixta, sen prexuízo de que os ministerios de Educación e Cultura e de Administracións Públicas produzan, ata a entrada en vigor deste real decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tiveran no momento da adopción do acordo.

Disposición derradeira

Única.-O presente real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Palma en Mallorca o 28 de agosto de 1998.

Xoán Carlos R.

Mariano Rajoy Brey

Ministro de Administracións Públicas

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta de Transferencias que tivo lugar o día 23 de xullo de 1998, se adoptou acordo sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios da Administración do Estado en materia de execución da lexislación sobre propiedade intelectual, nos termos que a seguir se expresan:

A) Referencia a normas constitucionais, estatutarias e legais en que se ampara o traspaso.

A Constitución no artigo 149.1.9ª reserva para o Estado a competencia de lexislación sobre propiedade intelectual.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, no artigo 29, número 2, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma de Galicia a execución da lexislación do Estado en materia de propiedade intelectual.

Polos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo, 2434/1982, do 24 de xullo, e 1531/1989, do 15 de decembro, polos que se efectuaron os traspasos en materia de cultura, traspasáronse xa á Comunidade Autónoma de Galicia medios vinculados ó exercicio de funcións incluídas no ámbito da propiedade intelectual.

O actual artigo 144 do texto refundido da Lei de propiedade intelectual, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, na numeración dada a este polo número 4 do artigo 6 da Lei 5/1998, do 6 de marzo, e o Real decreto 733/1993, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual, teñen establecido un modelo rexistral descentralizado que supón unha nova adecuación deste; a súa posta en funcionamento debe levarse a cabo conxuntamente entre as diferentes administracións públicas competentes. Para iso, o Ministerio de Educación e Cultura considerou necesario adecua-los medios xa traspasados ás comunidades autónomas.

Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de febreiro, establecen as normas que regulan a forma e as condicións ás que deben axustarse os traspasos de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

Sobre estas bases normativas, procede efectuar unha ampliación dos medios que foron obxecto de traspaso nos referidos reais decretos.

B) Funcións e servicios que se traspasan.

Amplíanse os medios traspasados para o exercicio das funcións en materia de execución da propiedade intelectual.

C) Bens, dereitos e obrigas do Estado que se traspasan.

Non existen bens, dereitos e obrigas no presente traspaso.

D) Persoal adscrito ós servicios e institucións que se traspasan.

1. O persoal que se traspasa adscrito ós servicios a xestión dos cales será exercida pola Comunidade Autónoma de Galicia aparece referenciado nominalmente na relación adxunta número 1. O dito persoal pasará a depender da Comunidade Autónoma nos termos previstos na Lei 30/1984, do 2 de agosto,

de medidas para a reforma da función pública, e demais normas en cada caso aplicables e nas mesmas circunstancias que se especifican nas relacións citadas e constan, en todo caso, nos seus expedientes de persoal.

2. A Subsecretaría do Ministerio de Administracións Públicas notificaralles ós interesados o traspaso e a súa nova situación administrativa tan pronto o Goberno aprobe o presente acordo por real decreto. Así mesmo, remitiralles ós órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia os expedientes deste persoal, así como os certificados de haberes referidos ás cantidades devengadas por eles.

E) Valoracións das cargas financeiras dos servicios traspasados.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1996, lle corresponde ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia elévase a 11.603.245 pesetas.

2. O financiamento, en pesetas de 1998, que corresponde ó custo efectivo anual é o que se recolle na relación número 2.

3. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 2, financiarase da seguinte forma:

Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o custo total financiarase mediante a consolidación na Sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, dos créditos relativos ós distintos compoñentes do dito custo, polos importes que se determinen, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada Lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio, a que se refire o parágrafo anterior, respecto do financiamento dos servicios transferidos serán obxecto de regularización ó peche do exercicio económico, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes ante unha comisión de liquidación, que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

F) Documentación e expedientes dos servicios que se traspasan.

A entrega da documentación e expedientes dos servicios traspasados realizarase no prazo dun mes desde a publicación do real decreto polo que se aproba este acordo, sen prexuízo do establecido na normativa especial sobre o Rexistro Xeral da Propiedade Intelectual.

G) Data de efectividade do traspaso.

O traspaso de funcións e servicios obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 1 de xaneiro de 1999.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid o 23 de xullo de 1998. Os secretarios da Comisión Mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín.

Relación número 1

Persoal adscrito ós servicios e institucións que se traspasan

ProvinciaPosto de traballo

e corpo

Nome e apelidos e NRPRetribucións

básicas

Retribucións

complementarias

TotalSeguridade

Social

Persoal funcionario:

OurenseXefe sección N24Milia Méndez Margarita

3453964357A1122

2.345.5741.080.8163.426.390
A CoruñaXefe Negociado N16Couceiro Dans, M. Victoria

3226018602A1132

1.959.720687.3362.647.056671.062
Xefe Negociado N14Cereijo Seijo, M. Dolores

3241024946A1145

1.358.462611.5081.969.970498.762

Total.....5.663.7562.379.6608.043.4161.169.824

Persoal laboral

A CoruñaOficial 2º adminis-

trativo

Armada Álvarez, Ramiro

32431708-13

1.986.16690.4682.076.634663.775

Total.....1.986.16690.4682.076.634663.775

Relación número 2

Valoración dos custos dos servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de execución da lexislación sobre propiedade intelectual

Pesetas 1998

Sección 22. Ministerio de Administracións Públicas

Servicio 01. Programa 121E
Capítulo I. Gastos de persoal
Concepto 120. Retribucións básicas de funcionarios5.663.756
Concepto 121. Retribucións complementarias de funcionarios2.379.660
Concepto 130. Retribucións de persoal laboral2.076.634
Concepto 160. Cota patronal de Seguridade Social1.833.599

Total capítulo I11.953.649

Sección 18. Ministerio de Educación e Cultura

Servicio 12. Programa 451A
Capítulo II
Concepto 213500.000
220.000923.732

Total capítulo II1.423.732

Total custo efectivo13.377.381

8536