Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Mércores, 23 de setembro de 1998 Páx. 10.587

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 8 de setembro de 1998 pola que se desenvolve o Decreto 244/1998, do 24 de xullo, que regula os alleamentos dos aproveitamentos forestais nos montes xestionados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na dita orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 180, do mércores 16 de setembro de 1998, é necesario efectua-la seguinte rectificación:

Na páxina 10.373, na disposición adicional onde di: «-O xefe do Servicio de Contratación, ou persoa que o represente», debe dicir: «-O xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ou persoa que o represente».

8602