En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación da seguinte consultoría e asistencia:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.
c) Número de expediente: 98/09/1177 (AT-842).
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servicio técnico.
b) Descrición do obxecto: realización das análises de 650.000 mostras de leite procedentes do control leiteiro de gando vacún.
c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 134, do 14 de xullo de 1998.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: corenta e seis millóns cincocentas mil pesetas (46.500.000 pesetas), IVE incluído.
5. Adxudicación.
a) Data: 4 de setembro de 1998.
b) Contratista: Laboratorio Interprofesional Gallego de Análisis de leche (LIGAL).
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: corenta e seis millóns trescentas corenta e cinco mil pesetas (46.345.000 pesetas), IVE incluído.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1998.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, 17-12-1997)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria
8806

