Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Volta do Couto.
Situación: Cotobade.
Descricións técnicas: L.M:T., soterrada, a 20 kV, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 55 da L.M.T. M.U.R. 8.11 rematando no C.T. que se proxecta en Volta do Couto, Concello de Cotobade. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 2 de setembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
8695

