Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Finca do Inglés.
Situación: concello de Baiona.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea-subterránea, a 20 kV, de 120 e 25 m de lonxitude e con conductores tipo R.H.V. e LA-56 respectivamente, desde a L.M.T. os CC.TT. de Baiona, Virxe da Rocha e outros ata o C.T. que se proxecta na Finca do Inglés, no concello de Baiona. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV/398-230 V. R.B.T., subterránea de 60 m de lonxitude, con conductor tipo Al 1x240.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 7 de setembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
8699

