Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa 10.
Situación: Vilagarcía de Arousa.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 185 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde o apoio 5 da L.M.T. LCS 803 rematando no C.T. que se proxecta na rúa 10, concello de Vilagarcía de Arousa. C.T. de 500 kVA relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. subterránea, de 30 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Pontevedra, 8 de setembro de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
8754

