Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: r/ Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. en Vilar (Taboada).
Situación: Taboada.
Características técnicas: liña de media tensión a 20 kV de 529 metros de lonxitude. Centro de transformación de 50 kVA relación 20.000/380-220 V. Rede de baixa tensión a 220 V en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Lugo, 8 de setembro de 1998.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
8747

