Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 16 de outubro de 1998 Páx. 11.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público 36/1998, polo procedemento aberto, con tramitación urxente, para a contratación da subministración de diversos equipos médicos (retinógrafo de oftalmoloxía e equipo de electroshock).

A Dirección Xerencia do Hospital Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio de 1998), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: adquisición de diversos equipos médicos que se detallan no prego de prescricións técnicas (anexo III).

Orzamento estimado: 6.500.000 ptas., quedando segundo lotes:

Lote 1: 4.500.000 ptas.

Lote 2: 2.000.000 de ptas.

Prazo de execución:

Desde o asinamento do contrato, tendo 30 días como prazo de entrega máximo.

Forma de adxudicación:

Procedemento aberto por medio de concurso público nº 36/1998, trámite urxente.

Admisión de variantes:

Non se admitirán variantes.

Solvencia económica e financeira:

Acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

Solvencia técnica:

Acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

Fianza provisional: 130.000 ptas., quedando segundo lotes:

Lote 1: 90.000 ptas.

Lote 2: 40.000 ptas.

Criterios de adxudicación:

-Prezo ofertado: 40%.

-Calidade de materiais: 40%.

-Prazo de entrega: 20%.

Documentación de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Subministracións e Contratación Admi

nistrativa do Hospital Provincial de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo nº 2, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno: 986 80 70 03 e fax: 986 88 70 51).

Presentación de proposicións:

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviarse por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 986 80 70 51 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións:

Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra ás 10 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

O pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 28 de setembro de 1998.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Hospital Provincial

de Pontevedra

9284