1. Entidade adxudicante:
a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).
b) Dependencia: servicios centrais da xerencia.
c) Expediente: 825/400.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición: subministración do mobiliario con destino ó novo edificio sede da Xerencia Municipal de Urbanismo.
b) Unidades que hai que entregar: segundo prego técnico.
c) Lotes: non.
d) Lugar de entrega: novo edificio sede da Xerencia Municipal de Urbanismo (Praza do Rei, s/n, Vigo).
e) Prazo de entrega: 1 mes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 25.000.000 de ptas.
5. Garantías:
a) Provisional: dispensada.
b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo (Concello de Vigo).
b) Enderezo: Praza do Rei, s/n.
c) Localidade e código postal: Vigo, 36202.
d) Teléfono: 986 81 01 68.
e) Fax: 986 22 01 27.
f) Data límite para solicitar documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula XI do prego de condicións.
c) Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
d) Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Entidade, enderezo e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
b) Data e hora: 10 horas do primeiro mércores seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.
Vigo, 6 de outubro de 1998.
Manuel Pérez Álvarez
Alcalde-presidente da Xerencia
Municipal de Urbanismo
9267

