Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 19 de outubro de 1998 Páx. 11.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/140-2, 5032 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA).

Domicilio social: r/ Ciudad de Viveiro nº 4, 27002 Viveiro.

Denominación: L.M.T. e C.T. en edificio en CC-640 P.K.1 Xunqueira (Viveiro).

Situación: Viveiro.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 20 kV en conductor D.H.Z. 1 cunha lonxitude de 175 metros. Un centro de transformación en edificio de 630 kVA e 20/0,8-0,22 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 25 de agosto de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

8948