De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da dirección técnica de construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:
Cancelar, por petición propia, a acreditación e a súa inscrición o Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Geoteyco, S.A., con domicilio na rúa Iryda, 96, 36680 A Estrada (Pontevedra) na área de:
-HC, «Área de control de formigón en masa, de cementos, de áridos e de auga», co número 15046HC93.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1998.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego
da Vivenda e Solo
9346

