Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 21 de outubro de 1998 Páx. 11.398

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes MV-15/1998.PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 citada, poderá interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso ordinario sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

2. O importe da sanción deberá ser ingresado no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a resolución sexa firme na conta nº 120.597 de recadación de multas e sancións que a Xunta de Galicia ten no Banco Pastor oficina principal de Pontevedra. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constriximento.

Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nas delegacións da Consellería de Medio Ambiente e nas oficinas desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1998.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

-Expediente sancionador: MV-15/98.PO.

Artigo infrinxido: 411 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: dez mil duascentas (10.200) pesetas.

Contía da indemnización: dez mil duascentas (10.200) pesetas.

Denunciado: Enrique Crespo Castro.

DNI: 35.248.249.

Último enderezo coñecido: Cardiña, 57, Santo Adrán, Vilaboa (Pontevedra).

9342