No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación das obras que se relacionan, mediante poxa, en procedemento aberto a trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do decimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.
Relación de obras:
Nº/denominación/concello/prazo de execución/orzamento.
Rede viaria local do POL adicional 94-97.
438/CV 330 Travesía Cados, pk 9,8-10,14/Muíños/5 meses/20.000.000.
Plan complementario ó POL de 1998 (Rede viaria local).
418/accesos a Albín e Vide/Castrelo de Miño/4 meses/12.100.000.
Plan interrex:
27/96/Estr. Bande-Lobeira-Entrimo-F. de Portugal/Entrimo/3 meses/7.142.962.
Ourense, 14 de outubro de 1998.
O presidente
Rubricado
8775

