O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na adquisición de equipamento informático.
Nº de expediente: CTRL/INF/13/1998.
Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do Instituto, Praza Europa 5A-6B Área Central-As Fontiñas, 15703 Santiago
de Compostela, das 9 ás 14 horas, nos dez días naturais a partir da data de publicación no DOG.
Documentación de interese para os concorrentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto, en Santiago de Compostela, no horario e prazo sinalado, ou no teléfono 981 57 76 50. Fax 981 57 78 43.
Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1998.
Carlos Crespo Sabarís
Director xerente do Instituto Galego
de Medicina Técnica, S.A.

