Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.
Resolución: 22-7-1998.
Obxecto: construcción de caseta de bombeo e instalación de tubos de aspiración de auga do mar para subministración de depuradora.
Porto: Campelo.
Adxudicatario: Mariscos Campelo, S.A.
Prazo: 5 anos.
Resolución: 19-9-1998.
Obxecto: construcción e explotacióin de instalacións náutico deportivas.
Porto: Viveiro.
Adxudicatario: Concello de Viveiro.
Prazo: 30 anos.
Resolución: 19-9-1998.
Obxecto: construcción de nave para manipulación de pesca e cámaras frigoríficas.
Porto: Aguiño.
Adxudicatario: Pescados Juan Fernández, S.L.
Prazo: 30 anos.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso administrativo perante a correspondente
sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo máximo de dous meses contados desde o día da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1998.
Emilio García Gallego
Presidente do ente público Portos de Galicia
9580

